Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Madamas e Galáns de Cobres

madamas e galans entroido cobre

 De sábado a martes, dende o século XVIII, durante todo o día as madamas e os galáns de Cobres con atuendos moi rechamantes percorren os distintos lugares das parroquias de Santa Cristina e Santo Adrán, acompañados por unha charanga, agasallando aos presentes coa popular Danza dos Cobres.

 

En Cobres, mulleres e homes,  engalados de branco con cintas e sombreiros, e aldeáns representan distintas posicións económicas e roles sociais, tanto mediante as súas vestimentas como pola posición que ocupan nos pases, bailes e exhibicións. As Madamas e os galáns, moi rechamantes polos seus suntuosos sombreiros e a súa pulcra vestimenta, ocupan a posición social máis elevada, mentres que os aldeáns representan o último elo da cadea e o grupo maioritario. Todos, iso si, van neste Entroido a cara descuberta.

O día grande é o martes de entroido, cando pola tarde teñen lugar antigos xogos populares, como o da “corrida do galo” –con rituais cargados de simbolismo–, o “galo no río” ou o “galo na vara”, nos que participa toda a mocidade do lugar.

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.

Consola de depuración Joomla!

Sesión

Información do perfil

Uso de memoria

Consultas da base de datos