Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • Inicio
  • Actividades
  • Marín
  • Centro de Interpretación dos Petroglifos de Mogor

Centro de Interpretación dos Petroglifos de Mogor

Centro de Interpretación dos Petroglifos de Mogor

O Centro de Interpretación dos Petroglifos de Mogor dispón dunha serie de paneis que permiten ao visitante introducirse no mundo da arte rupestre e coñecer esa complexa e interesante figura que é o labirinto.

Tamén se dispón de información para a visita doutros elementos do patrimonio cultural de Marín e a comarca. O centro esta aberto de xeito continuo só no verán, pero o resto do ano ofrece visitas concertadas a grupos de un mínimo de 10 persoas. As visitas de grupo van dirixidas a todo tipo de público e son gratuítas.

Os Petróglifos de Mogor é unha das estacións de arte rupestre máis emblemáticas de Galicia, e tamén das de máis relevancia internacional, debido á presenza de dous labirintos. Esta é unha figura pouco común, que tamén está presente noutros conxuntos arqueolóxicos europeos de arte rupestre ao aire libre. En Mogor se poden visitar tres grupos de gravados, nos que ademais dos labirintos pódense contemplar combinacións de círculos concéntricos, círculos simples, coviñas ou un cervo.

Información

Dirección

Barrio Perez Crespo, 95, A Barriada,
36911 Marín-Pontevedra

Acceso

Pola estrada PO-1303 dende Marín. Está fronte a prai

Info útil

As visitas poden concertarse a través de correo electrónico dirixido a petroglifos.mogor@gmail.com ou tamén por teléfono no +34 647 368 939, de martes a xoves, de 11-13 / 17-19 horas.

Como chegar ao Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor

Código QR

qr marin labirintos de mogor

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.

Coordenadas

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.38513001095978
Lng: -8.718642371472129

Coordenadas por grados (DMS):
Lat: 42°23'07.9"N
Long: 8°43'05.6"W

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.