Mancomunidade de Terras de Pontevedra

Centro arqueolóxico de Tourón

centro arqueoloxico de touron

O Centro arqueolóxico do monte de Tourón é unha boa antesala para coñecer máis a fondo o sentido dos petroglifos que se despregan por toda a zona. Nas súas instalacións atoparás información sobre os lugares onde están situados os petroglifos. Tamén poderás contemplar unha exposición sobre a paisaxe e os asentamentos no Neolítico e como realizaban os nosos antepasados as escenas de caza representadas nos gravados rupestres..

O acceso libre e gratuíto en área arqueolóxica, e non está sometido a horarios. A visita ao Centro realízase cando hai visitas guiadas. É de pago e necesita ser concertada previamente.

A area arqueolóxica dispón dunha ampla zona de descanso, concibida a modo de merendeiro, con mesas de pedra e unha fonte. A zona é arboredo e resulta ideal gozar da súa sombra logo de facer o percorrido no verán.

O Centro de Interpretación enriquece a visita. O acceso á Área Arqueolóxica é libre e gratuíta, e pode realizarse fora do horario do Centro Arqueolóxico. O percorrido está totalmente sinalizado.

Para concertar visitas guiadas: 986 767 235
Prezo: 2 euros. Entrada gratuíta para menores de 6 anos.

Información

Dirección

Lugar de Tourón
36828 Ponte Caldelas-Pontevedra

Aceso

Dende a PO 532 en dirección Ponte Caldelas no lugar de Tourón, pasada a igrexa de Santa Maria,a tomar desviación á esquerda. Esta sinalizada.

Info útil

Para visitar o recinto, recoméndase ir provisto de roupa de abrigo e calzado cómodo, xa que estamos nunha zona de montaña. Recorda que a luz do amencer e do atardecer reforza a percepción dos surcos. Aínda que o percorrido polo roteiro é claro convén gps

Como chegar ao Centro Arqueolóxico de Touron

Código QR

qr pontecaldelas centro touron

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o seu nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.

Coordenadas

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.404919
Lng: ,-8.524249

Coordenadas por grados (DMS):
Lat: 42º 24' 18.0" N
Long: 8º 31' 26.9" W


Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.