Mancomunidade de Terras de Pontevedra

Arte Rupestre en Pontevedra

No concello de Pontevedra destacan os petróglifos de Vilar de Matos, Mato das cruces, Outeiro da Mina e A Pedra do Fundamento, todos eles situados na parroquia de Salcedo, área de gran afluencia de Arte Rupestre. A contorna da estación de Mato das Cruces conta cunhas incribles vistas de toda a cidade de Pontevedra.

Os Petroglifos de Salcedo

 

Unha coincidencia dos petroglifos da parroquia de Salcedo é a sermos dos primeiros en ser estudados en Galicia. O de Outeiro da Mina foi o primeiro gravado publicado cunha representación gráfica, na "Historia de Galicia" de Manuel Murguía en 1901. O de Mato das Cruces foi mencionado por Celso García de la Riega no ano 1904. E no famoso “Corpus Petroglyphorum Gallaeciae”, publicado no ano 1935 polo Seminario de Estudos Galegos, o pioneiro Ramón Sobrino Buhigas menciona ao de Vilar de Matos.

Seguir lendo

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.