Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • Inicio

Praia de Mogor

playa de mogor

Praia en forma de cuncha, de area dourada e fina, situada nun entorno semiurbano, nas proximidades da praia de Portocelo. Caracterizada polo seu recollemento e as súas augas quedas e temperadas.

Bordeada no seu límite sur por unha frondosa fraga sobre unha punta rochosa. Ideal para o baño e os deportes acuáticos: vela, esquí náutico, motonáutica, windsurf (con límite de 150 metros á costa). Con fermosas vistas da ría de Pontevedra.

Bandeira azul. Certificación EMAS de calidade ambiental.

Servizos :
Aparcadoiro a menos de 500m | Bus a menos de 500 m. | Cruz Vermella | Duchas | Hostais a menos de 500 m. | Hoteis a menos de 500m | Pasarelas discapacitados | Pensións a menos de 500 m. | Restaurantes a menos de 500 m. | Sinalización estado do mar | Servizo de limpeza diario | Servizo de vixilancia | Servizos W.C. | Taxi a menos de 500 m. | Teléfono a menos de 500 m. | W.C. adaptados discapacitados

Información

Dirección

Vía Ciclista s/n
36900 Marín
Pontevedra

Acceso

Toma E-1/AP-9 cara PO-10. Toma a saída 132A de E-1/AP-9. Desvío pola PO-11 e PO-1303.

Info útil

Aparcadoiro a menos de 500m. Duchas, rampas de acceso a discapacitados. WC. Accesible. Hoteis a menos de 500m, Restaurantes a menos de 500 m. Sinalización estado do mar. Servizo de limpeza diario. Servizo de vixilancia.

Como chegar á Praia Mogor

Código QR

qr marin labirintos de mogor

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.

Coordenadas

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.38562574038393
Lng: -8.720155989349337

Coordenadas por grados (DMS):
Lat: 42° 23' 8.253'' N
Long: 8° 43' 12.561'' O

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.