Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • 00 costa de marin
  • 01 praias de marin
  • 02 praias de marin
  • 04 granxa de briz
  • 03 petroglifos de mogor
  • Percorrer o litoral de Marín achegarse á natureza, gozar de augas cristalinas e abraiarse co azul e verde do mar!
  • Praias con bandeira azul e o distintivo Emas, que certifica limpeza, socorrismo, policía de praia, e control de calidade de aguas!
  • ¿Sabías que Marín ten praias adaptadas con ramplas accesibles e cadeiras anfibias para o baño de discapacitados!
  • Pero Marín non é so praias. Sabías que na Granxa de Briz podes visitar un singular parque dos sentidos?
  • Tamén é lugar de referencia na arte rupestre, e podes vistar os famosos petróglifos de Mogor na beira do mar.

Igrexa de Santo Tomé de Piñeiro

Emprazada no solar onde existía un mosteiro no século XII, esta lgrexa ten unha traza estrutural peculiar no marco das pertencentes aos Cabaleiros da Orde de Malta. Sobre os alicerces da antiga igrexa do mosteiro erixiúse a actual de espectacular traza románica.

A igrexa é de pranta rectangular e conta cunha ábsida pentagonal, que é o seu elemento máis distintivo. Posúe unha cuberta cunha bóveda de medio canón de directriz apuntada que descansa sobre dous arcos faxóns e columnas adosadas con capiteis adornados con follas de acanto , lazos ,etc.

Na nave existen catro entrantes semicirculares nos muros pertencentes a capelanías de fundacións particulares. As máis próximas á entrada do presbiterio posúen o blasón dos Montenegro, o cal aparece tamén no escudo do retablo do altar maior, unido coas armas dos Sarmiento e Valladares.

Na capela maior separada por dúas columnas, atópase un retablo barroco de influencia portuguesa o cal cunde as ventás da cabeceira.

Audioguía de Santo Tomé de Piñeiro

Descargar audioguía de Santo Tomé de Piñeiro

 

Dirección

Igrexario s/n
Santo Tomé de Piñeiro, Marín
36915 Pontevedra

Acceso

Para non pederse, a mellor solución é acceder á via rápida que vai cara a Bueu. Dende a vía rápida VG-4.4 tomar a saída número 8 dirección Piñeiro ( EP 1202)

Info útil

Piñeiro ten o seu engado, e dispón dunha casa de cultura, enfrente da igrexa.

 

Como chegar á Igrexa de Santo Tomé de Piñeiro

Código QR

qr marin igrexa de santo tome de pineiro

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.

Coordenadas

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.3550777778
Lng: -8.71906666667

Coordenadas por grados (DMS):
Lat: 42°21'18.28"N
Lng: 8°43'8.64"O

Etiquetas: marin, Igrexa de Santo Tomé de Piñeiro, romanico, terras de pontevedra

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.