Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • 00 costa de marin
  • 01 praias de marin
  • 02 praias de marin
  • 04 granxa de briz
  • 03 petroglifos de mogor
  • Percorrer o litoral de Marín achegarse á natureza, gozar de augas cristalinas e abraiarse co azul e verde do mar!
  • Praias con bandeira azul e o distintivo Emas, que certifica limpeza, socorrismo, policía de praia, e control de calidade de aguas!
  • ¿Sabías que Marín ten praias adaptadas con ramplas accesibles e cadeiras anfibias para o baño de discapacitados!
  • Pero Marín non é so praias. Sabías que na Granxa de Briz podes visitar un singular parque dos sentidos?
  • Tamén é lugar de referencia na arte rupestre, e podes vistar os famosos petróglifos de Mogor na beira do mar.

Ruta do Monte Penizas

marin ruta monte panizas

Marín ofrece aos fans do trek, sorprendentes alternativas para o sendeirismo. Unha delas é a Ruta do Monte Penizas que permite camiñar polo interior do concello, divisar a ría e a illa de Tambo desde o alto, e coñecer o beleza da contorna dos Muiños do Loira.

Ruta do Monte Penizas

O percorrido é de 6,5 Km., partindo do lavadoiro do río Lameira pasando preto do restos do Castro de Subidá, para continuar ata o cumio do monte e rematar na igrexa de Santo Tomé de Piñeiro.

igrexa santo tome marin provisional

A ruta alterna tramos de estrada con camiños naturais. Desviándonos do itinerario poderemos ver a Igrexa de Santa María do Campo e os Muiños do río Loira que é unha zona de grandes valores naturais e paisaxísticos.

A dificultade da ruta é media, pois a ruta sobe 202 metros e ten unha pendente media do 10%. As pendentes máis pronunciadas pasan do 20% e están no inicio e ao chegar ao cumio. O percorrido lineal é de menos de seis quilometros (5.800 metros), pero poden ser seis e medio ou sete se optamos por achegarnos aos Muiños do Loira (recomendado). A duración ida e volta difícilmente baixa das 3 horas.

A ruta é para camiñantes, pero hai bastante seguidores do MTB que fan esta ruta en bici. O percorrido está claramente sinalizado tanto con paneis indicadores como con marcas de cor azul-branco de Terras de Pontevedra, ou vermellas, pintadas en pedras, muros e no chan.

Como chegar ao inicio da Ruta

Dirección

Parque de Briz.
36900 Marín
Pontevedra

Acceso

Podes partir da parte sur da Granxa de Brize onde atoparás unha subida cunha forte pendente por asfalto ata chegar a un pequeno lavadoiro onde realmente principia a ruta.

Info útil

O traxecto pódese realizar en calquera estación do ano.

Máis información do roteiro do Monte penizas Ruta do Monte Penizas

 

Código QR

qr marin ruta do monte penizas

Usa a nosa xeoguía

Pulsa sobre placemark verde para o inicio ou o azul para ir ao final. Despois introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema, poña o código postal de orixe  e pulse en obter direccións.

Coordenadas

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.3882887613
Lng:-8.70509166656

Coordenadas por grados (DMS):
Lat: 442°23'17.84"N
Lng: 8°42'18.33"O

>

Etiquetas: marin, Santo Tomé de Piñeiro, Monte Penizas, Castro de Subidá, Muiños do Loira

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.