Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • 00 costa de marin
  • 01 praias de marin
  • 02 praias de marin
  • 04 granxa de briz
  • 03 petroglifos de mogor
  • Percorrer o litoral de Marín achegarse á natureza, gozar de augas cristalinas e abraiarse co azul e verde do mar!
  • Praias con bandeira azul e o distintivo Emas, que certifica limpeza, socorrismo, policía de praia, e control de calidade de aguas!
  • ¿Sabías que Marín ten praias adaptadas con ramplas accesibles e cadeiras anfibias para o baño de discapacitados!
  • Pero Marín non é so praias. Sabías que na Granxa de Briz podes visitar un singular parque dos sentidos?
  • Tamén é lugar de referencia na arte rupestre, e podes vistar os famosos petróglifos de Mogor na beira do mar.

Igrexa de Santa María do Campo

Santa María do Campo é de finais do s. XII e principios do s. XIII, de estilo románico algo serodio. Desta época conserva no interior un arco triunfal, rudo, estreito e apuntado, a través do que se accede ao presbiterio. Nunha segunda fase de construción, no século XVI, realízase a nave de estilo barroco. Posúe unhas magníficas pinturas murais (góticas). Pertenceu á Encomenda de San Xoán.

A Igrexa de Santa María do Campo conserva boa parte da súa primitiva traza románica, aínda que o que hoxe é visible é o resultado de sucesivas reformas en varias épocas. A parte máis antiga corresponde ao actual testeiro ou cabeceira, de pranta cuadrangular e cuberta de madeira, no que se abre unha xanela con arco de medio punto, enmarcado por unha sinxela moldura de dentes de serra. A este testeiro, e aproveitando os materiais da igrexa primeira, se engadiuse cara o século XIII un corpo mais grande, dunha soa nave, e de pranta rectangular, comunicado co testeiro mediante un arco triunfal.

Na decoración exterior destacan os canzorros con figuras de animais e humanas, dispostos ao longo do aleiro, e o agnus dei que remata o pincho. Na portada ten dous arcos de medio punto simples dobrados e hai restos de inscricións. Coroa a fachada unha espadaina que fai as veces de campanario.

Ao retirar hai uns anos un retábulo, apareceron decorando os muros do altar maior unhas interesantes pinturas. Datadas no século XV-XVI, amosan rasgos estilísticos máis ben propios do gótico. A un lado e outro da xanela do testeiro (con arquiños de ferradura) hai representada unha anunciación. Á esquerda, o arcanxo Gabriel, e á dereita a Virxe xunto a unha torre que lle serve asemade de atril. No alto, hai unha representación do Pantocrator, rodeado dun medio nimbo, dende o que descende a pomba do Espírito Santo.

Audioguía de Santa María do Campo

Descargar audioguía de Santa María do Campo

 

Dirección

Poblado Ameal, 2
Marín 36915 Pontevedra

Acceso

Para non pederse a mellor solución é acceder a via rápida que vai cara a Bueu. Dende a vía rápida VG-4.4 tomar a saída número 8 dirección Piñeiro ( EP 1202)

Info útil

Piñeiro ten o seu engado, e dispón dunha casa de cultura, fronte a igrexa.

 

Como chegar á Igrexa de Santo Tomé de Piñeiro

Código QR

qr marin igrexa de santa maria do campo

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.

Coordenadas

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.365343829203674
Lng: -8.719435351065044

Coordenadas por grados (DMS):
Lat: 42° 21' 55.238'' N
Lng: 8° 43' 9.967'' O

Etiquetas: marin, Igrexa de Santo Tomé de Piñeiro, romanico, terras de pontevedra

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.