Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • 00 poio imagen aerea
  • 01 poio mosteiro san xoan
  • 02 poio combarro
  • 04 poio petroglifos caeira
  • 03 poio praia de cabeceira
  • Vista aérea do Concello de Poio

  • Mosteiro de San Xoan

  • Hórreos de Combarro

  • Petroglifos de A Caeira

  • Praia de Cabeceira

Casa de Colón

A partir dos traballos de Celso García de la Riega, son numerosos os estudos que acreditan unha familia Colón vencellada ao mar, e a Moureira, o barrio do comercio marítimo de Pontevedra onde se construíu a nave capitá Santa María, bautizada "A Galega”. Esta familia de orixe italiano estableceuse en Porto Santo, lugar onde se alza a Casa Museo Cristóbal Colón, un moderno edificio e dúas casas rehabilitadas que foron propiedade da familia Colón na idade media que amosan un percorrido sobre a teoría do Colón Galego.

A finais do século unha revolucionaria teoría acaparou todos os comentarios a nivel internacional: "Cristóbal Colón, español". Este era o nome dun traballo de Celso García de la Riega, que baseara o seu convencemento en certos documentos achados nos arquivos de Pontevedra. As súas investigacións deron pé para ser continuadas e melloradas, ata que na actualidade podemos afirmar que o berce de Colón foi Galicia.

Os principais argumentos que sustentan esta tese están recollidos nos diferentes espazos do museo, que mostra as testemuñas que acreditan a galeguidade de Colón. En Porto Santo, parroquia de San Salvador de Poio (Pontevedra), áchanse as ruinas da denominada Casa natal de Cristobal Colón ou Casa da Cruz, chamada así por atoparse fronte a ela un crucero en cuxa base podía lerse a inscrición "Juan Colón, 1490". Dita inscrición foi limada, aínda que afortunadamente existen fotografías tomadas en 1917 polo arqueólogo Luís Gorostola que confirman esta frase. A poucos metros achamos a Leira A Puntada, que pertenceu aos Duques de Veragua, descendentes do descubridor, feito acreditado por todos os historiadores. Próxima a esta, a Horta de Andurique, propiedade en 1519 de Juan Colón, bisneto do primeiro Colón, Bartolome Colón, un italiano establecido en España e en Galicia cara a 1380 e que desempeñou o cargo de procurador dunha confraría da ribeira.

Existen decenas de documentos auténticos que proban a residencia nestes lugares de familias apelidadas Colón, todos eles relacionados co gremio marítimo ou dos Mareantes. Estas confrarías que se dedicaban ao comercio marítimo, tiñan os seus estaleiros no arrabalde do barrio da Moureira -precisamente na ría que se acha fronte á leira A Puntada- onde se construíu a nave capitá Santa María, bautizada "A Galega”.

Non obstante, a tese que mais reforzan a orixe galega de Colón é o uso de topónimos de Galicia no descubrimento. Ricardo Beltrán, secretario perpetuo da Real Sociedade Xeográfica e membro da Academia de Historia, sinalou que "Toda la nomenclatura geográfica de las tierras descubiertas por Colón en sus cuatro viajes es española, siendo de notar que en ella se reproducen voces propias y aún exclusivas, únicas del litoral gallego".

Como peza máis destacada, a Casa Museo exhibe unha replica de de 1892 da carta náutica de Juan de la Cosa do ano 1500, e entre os contidos audiovisuais pode verse o documental "Pontevedra, berce de Colón, realizado polo cineasta Enrique Barreiro no anos vinte do século pasado.

Información

Dirección

Praza de Cristóbal Colón S/N. (Portosanto)
Poio
36163 Pontevedra

Aceso

Aceso rodado para vehículos. Aceso peonil as pistas de terra

Info útil

Un espazo de nova creación, onde se supón a orixe de Cristóbal Colón, para a través de pantallas, maquetas, bibliografía e vídeos xustifican a teoría sobre o nacemento deste persoeiro no concello de Poio.

 

Como chegar á Casa de Colón

Código QR

qr poio casa de colon

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o seu nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.

Coordenadas

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.43027869185134
Lng: -8.658073154639396

Coordenadas por grados (DMS):
Lat: 42° 25' 49.003'' N
Long: 8° 39' 29.063'' O

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.

Consola de depuración Joomla!

Sesión

Información do perfil

Uso de memoria

Consultas da base de datos