
Festa da Ameixa de Campelo
Poucos saben que a lonxa do pequeno pobo de Campelo, en Poio, ostenta o liderado en canto a facturación en bivalvos das rías galegas. Toneladas de ameixa babosa, fina, rubia, babosa e bicuda extraídas da ría de Pontevedra pasan pola súa pequena lonxa e abastecen en fresco a toda España, e está claro, á súa festa máis representativa: a Festa da Ameixa de Campelo, que exalta a ameixa babosa, unha das especies máis saborosas das catro variantes que se recollen nas costas de Galicia.
A Festa da Ameixa é a festa gastronómica máis antiga que se celebra no Concello de Poio. Naceu no ano 1988 pola inquietude dos patróns mariñeiros da zona, coa intención de por en valor a súa ameixa e achegar este prezado bibalvo a todos os petos. Xuntos impulsaron a festa para a promoción tanto este molusco como a actividade mariñeira que produce a extracción do bivalvo.
O produto exaltado na festa é a ameixa babosa, unha das catro especies (fina, rubia, babosa e bicuda) que se presentan nas costas de Galicia, propia de profundidades intermedias, que se explota coa arte coñecida como vara. Esta especie, nos primeiros momentos da súa comercialización, empregouse para a conserva, se ben, actualmente úsase fresca e cociñada.
Durante as catro primeiras edicións, a organización da festa correu a cargo dos propios veciños, concretamente baixo a unión e o interese común da Asociación de Veciños de Campelo, das Confrarías de Pescadores, das depuradoras de moluscos e distintas entidades empresariais do Concello. A partires do ano 1992 é o propio Concello o encargado da organización dunha festa que celebrou neste 2015 a súa XXVIII edición.
O evento gastronómico celébrase na localidade de Campelo, na parroquia de San Xoán de Poio, tradicionalmente no mes de xullo (o segundo ou terceiro fin de semana), durante todo o fin de semana, os visitantes poden gozar das distintas actividades desenvolvidas na festa, onde destacan principalmente a degustación da ameixa preparada á mariñeira, con fabas e con fideos, o folclore tradicional e as actuacións musicais nocturnas.
Nos últimos anos multiplicou por catro a venda de produto, e o número de visitantes. Na edición de 2015, a pesares de realizarse no mes de setembro, máis de 20.000 persoas acudiron á XVIII edición desta festa gastronómica
Información
Dirección
Plaza de A Granxa
Campelo, Poio
36995 Pontevedra
Aceso
Desde a Avenida da Praia, vindo das praias de Lourido ou Cabeceira, o ben collendo a PO-308 dirección Campelo.
Info útil
Paga a pena achegarse a Campelo desde a praia de Cabeceira para contemplar a extracción deste bivalvo que se fai mediante rastro de vara desde unha embarcación e con mareas vivas con sachos e anciños na modalidade de marisqueo a pé.
Como chegar a Lonxa de Campelo
Código QR
Usa a nosa xeoguía
Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o seu nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.
Coordenadas
Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.426718986722946
Lng: -8.68554020617671
Coordenadas por grados (DMS):
Lat: 42° 25' 36.188'' N
Long: 8° 41' 7.944'' O