Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • 01 a calzada ponte caldelas
  • 02 area arqeuologica tourón
  • 03 rio verdugo ponte caldelas
  • 04 iglesia santa eulalia
  • Percorre as ribeiras do Río Verdugo, e goza das súas fervenzas, pasos e bosques de ribeira

  • Visita a Área Arqueolóxica, e sorpréndete cós espectaculares gravados en pedra da idade de bronce dos petróglifos de Tourón

  • ¿Sabías que en Ponte Caldelas está a Praia da Calzada, a única praia fluvial con bandeira azul de España?

  • Invitásemoste a coñecer o rico patrimonio artístico e natural de Ponte Caldelas

Visitar Ponte Caldelas, un luxo para os sentidos

Ponte Caldelas é engaiolante. Ten unha vila con encanto, arte rupestre, xente amable, e unhas empanadas de vicio… Pero o que de verdade sorprende deste concello é a contorna do río Verdugo e a súa maravillosa praia fluvial, A Calzada, á única praia con bandeira azul de España.

De Ponte Caldelas a beleza natural da paisaxe, e sobre todo as ribeiras do Río Verdugo que atravesa o municipio cun tupido arbolado autóctono nas súas marxes, e que ao seu paso pola vila se remansa nunha paisaxe idílica de paseo fluvial con pontes de madeira. A fermosura dos recursos fluviais do Verdugo non se cinguen a vila, xa que que ao longo do río hai distintos lugares especialmente agradecidos como son os Pasos da Fraga e o Paseo que leva Praia fluvial da Calzada, moi concorrida por bañistas e visitantes no verán.

Tamén é destacable tanto a presenza de bosques autóctonos como a Carballeira de Caritel, e excelentes miradores, como o Mirador do Casteliño, ao pe da Capela do Sagrado Corazón, ou as vistas que permiten os montes de Pe da Múa, ou os altos da Serra da Castrelada.

No tocante ao patrimonio, Ponte Caldelas ten algunas igrexas realmente relevantes como a románica de Santa María de Tourón, ou as barrocas  de Santa Baia, que é inicio dun viacrucis que remata no Sagrado Corazón. E a Igrexa de San Martiño de Xustáns, do século XVII. Non obstante, o seu patrimonio máis relevante é rupestre, representado tanto pola Área Arqueolóxica de Tourón, un dos conxuntos de petroglifos máis importantes de Galicia, que é posuidor dun centro de interpretación, como pola existencia doutras estacións rupestres relevantes, habilitadas para a visita como acontece coa estación de Campo de Cuñas, onde se atopa a espectacular "Pedra do Cervo".

Audioguía de Ponte Caldelas

Descargar audioguía de Ponte Caldelas

Festa da Troita

festa da troita ponte caldelas

A Festa da Troita, declarada de Interese Turístico de Galicia, ten lugar todos os anos desde 1967 o último domingo do mes de maio en Ponte Caldelas. O nacemento desta celebración está vinculado á iniciativa dun grupo de pescadores locais, os cales quixeron aproveitar a abundancia de troitas nos ríos do municipio para reforzar e apoiar a actividade da pesca e promover a un tempo a imaxe e a economía do municipio.

Seguir lendo

Área arqueolóxica de Tourón

05 area arqueoloxica touron coto sombriñas 01

O concello de Ponte Caldelas presenta numerosos recursos rupestres. Os máis significativos están na parroquia de Tourón onde se atopa un dos complexos de arte rupestre ao aire libre mais singulares do territorio galego, a Área arqueolóxica de Tourón, un recinto de máis de 150.000 metros cadrados que nos permite visitar cinco estacións con gravados nunha ruta de grande beleza paisaxística.

Seguir lendo

Centro arqueolóxico de Tourón

centro arqueoloxico de touron

O Centro arqueolóxico do monte de Tourón é unha boa antesala para coñecer máis a fondo o sentido dos petroglifos que se despregan por toda a zona. Nas súas instalacións atoparás información sobre os lugares onde están situados os petroglifos. Tamén poderás contemplar unha exposición sobre a paisaxe e os asentamentos no Neolítico e como realizaban os nosos antepasados as escenas de caza representadas nos gravados rupestres..

Seguir lendo

Pedra do Cervo

pedra do cervo

A Pedra do Cervo é o petróglifo máis significado da estación de “Campo de Cuñas”, que se atopa no lugar de Fiada dos Legóns, na parroquia de Santa Baia de Ponte Caldelas. Nela represéntanse algunhas cazoletas e unha bonita escena de caza cun gran cervo macho con tres lanzas nas costas.

Seguir lendo

  • 1
  • 2

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.