Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • 01 a calzada ponte caldelas
  • 02 area arqeuologica tourón
  • 03 rio verdugo ponte caldelas
  • 04 iglesia santa eulalia
  • Percorre as ribeiras do Río Verdugo, e goza das súas fervenzas, pasos e bosques de ribeira

  • Visita a Área Arqueolóxica, e sorpréndete cós espectaculares gravados en pedra da idade de bronce dos petróglifos de Tourón

  • ¿Sabías que en Ponte Caldelas está a Praia da Calzada, a única praia fluvial con bandeira azul de España?

  • Invitásemoste a coñecer o rico patrimonio artístico e natural de Ponte Caldelas

Festa da Troita

festa da troita ponte caldelas

A Festa da Troita, declarada de Interese Turístico de Galicia, ten lugar todos os anos desde 1967 o último domingo do mes de maio en Ponte Caldelas. O nacemento desta celebración está vinculado á iniciativa dun grupo de pescadores locais, os cales quixeron aproveitar a abundancia de troitas nos ríos do municipio para reforzar e apoiar a actividade da pesca e promover a un tempo a imaxe e a economía do municipio.

Dentro da festa é especialmente sobranceira a exaltación da troita, procedente dos ríos Oitavén e Verdugo, e que se prepara en todas as súas especialidades, que o público pode saborear.

Cabe destacar, dentro do programa da Festa da Troita, a celebración do Concurso Internacional de Pesca Deportiva, na variedade de salmónidos, de gran sona en Galicia e no norte de Portugal. A popularidade deste certame é tal que afeccionados do país veciño se achegan até Ponte Caldelas para participar.

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.