Mancomunidade de Terras de Pontevedra

Que visitar en Vilaboa

Vilaboa é un pequeno concello, a penas 38 km cadrados, cun litoral amplo enmarcado por montes e miradoiros que vai dende o fondo da ría de Vigo ata a Ponte de Rande acollendo  unha serie de elementos que moi atractivos para a visita.

Hai que comezar mencionando a Lagoa de Castiñeiras, de orixe artificial (1950), aspecto que non lle quita o seu encanto. Un dos aspectos mais destacables  deste espazo e a riqueza da súa flora e fauna e a riqueza troiteira dos seus ríos. Conta cunha Aula da Natureza que organiza visitas de grupos. Preto da lagoa atópase o Miradoiro de Cotorredondo, un lugar privilexiado desde o que admirar, conxuntamente, as rías de Arousa, Pontevedra , Vigo e a illa de San Simón.

De máximo interese resulta o seu patrimonio rupestre onde se poden contemplar distinta mámoas, como o conxunto megalítico Chan de Castiñeiras onde se atopa a Mámoa do Rei, de impresionantes dimensións. No que atinxe a outros arqueolóxicos, cómpre destacar a existencia da varias estacións de petróglifos da parroquia de Cobres, entre os que destacan os de Chan dos Areeiros.

De interese natural e de especial interese para a visita son as Salinas de Ulló, un lugar excelente para observar a fauna  avícola do LIC (Lugar de Interese Cultural) da Enseada de San Simón. A zona está perfectamente sinalizada e permite tanto o sendeirismo na beira do mar, como os percorridos ciclistas. Pero non é esta zona o único recursos para o sendeirismo pois os amantes de camiñar por lugares marabillosos, teñen en Vilaboa distintos sendeiros sinalizados que ben pagan a pena como a Ruta dos Muíños de Riomaior, ou a dos Petroglifos de Cobres.

Como herdanza doutros tempos, en Vilaboa pódense detectar moitas curiosidades. No estreito de Rande, por exemplo, atopamos na Punta do Aradoiro,  os restos dunha fortaleza que o protexía cunha cadea tendida desde a marxe oposta da ría. Tanto esta cadea como a fortaleza foron destruídos na famosa batalla de Rande, en 1702, polos barcos anglo-holandeses que acosaba aos comboios da Flota de Indias cargados de ouro e prata.

A arquitectura relixiosa tamén está presente neste concello, no que atopamos a fermosa Igrexa de  San Martiño, reformada nos anos 1673 e 1859 , segundo consta na parte externa dos muros, e as parroquiais de Santa Cristina  e San Adríán.

Praias de Vilaboa

Praias de vilaboa

Ainda que non son frecuentadas polo turismo de masas, Vilaboa dispón de distintos areais e calas que son frecuentadas durante a tempada estival.  Quizáis os máis destacables son o amplo Areal de Pousada,  e a Praia de Deilán, dúas praias semiurbanas de area grosa e augas tranquilas

Seguir lendo

Praia de Deilán

playa de deilan

A praia de Deilán esta situada na Ría de Vigo entre o porto de Santa Cristina e a Punta de Pereiró. Trátase dun areal de augas tranquilas e moi pintoresco. Os seus arredores son semirurais e ten zonas onde a herba chega ata a area. Posúe un "chiringuito" a pe de praia e a súa area é de cor dourada e gran groso.

Seguir lendo

  • 1
  • 2

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.