Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • terras de pontevedra 0000 arte rupestre
  • terras de pontevedra 0004 combarro
  • terras de pontevedra 0003 pontevedra casco vello
  • terras de pontevedra 0006 Capa 1
  • Sabías que Terras de Pontevedra presenta unha das concentracións de arte rupestre máis importantes de Europa? Descobre a arte dos que hai 5.000 anos habitaban estas terras de Campolameiro, a ponte Caldelas. E tras os petroglifos probarás unha das mellores empanadas de Galicia.
  • Propoñémosche percorrer as empedradas rúas de Combarro, xantar na beira do mar e despois visitar en Poio un dos Mosteiros máis emblemáticos de Galicia.
  • Descobre porqué Pontevedra e "boa vila", cidade de pedra e pontes. Percorre os seus museos, as súa prazas, as súas igrexas, a súa historia. Goza dunha experiencia gastronómica única sen saír da cidade.
  • Das espectaculares praias de Marín ao impresionante Mosteiro de Poio. Podes ir de lado a lado da Ría visitando a casa natal de Colón e dar conta dun xantar típico galego.

Ónde comer

O patrimonio gastronómico das Terras de Pontevedra convida ao visitante a degustar todo tipo de manxares. No litoral o produto estrela é o famoso marisco das Rías Baixas, xunto co peixe fresco. No interior as carnes adquiren un papel sobresaínte. O afamado viño Albariño da zona e os saborosos augardentes pontevedreses aseguran o éxito de toda cita gastronómica.

A riqueza do ecosistema da ría de Pontevedra, inscrita nas Rías Baixas, permite asegurar a calidade dos nosos mariscos, bandeira da gastronomía galega. A oferta diversifícase neste eido grazas a unha frutífera produción de ameixas, mexillóns, chocos, ostras ou zamburiñas, ao alcance do visitante en calquera dos restaurantes da zona. As afamadas cegalas de Marín son descargadas precisamente no porto de Marín, onde tamén se recibe a diario polbo fresco e todo tipo de peixes. Meros, pescadas, ollomoles, rodaballos, linguados, abadexos, robalizas, sardiñas, xoubas (sardiñas pequenas), son algúns dos pescados que desembarcan nos portos da ría. Algúns destes produtos, como é o caso da sardiña, que dá lugar ás sardiñadas (a máis importante é a que se celebra en todas as localidades galegas a noite de San Xoán), adquiren especial relevancia e son pretexto de moitas celebracións populares.

A calidade dos produtos das Terras de Pontevedra maniféstase tamén no interior a través das excelentes carnes que se serven cociñadas de forma variada (estufadas, á grella, asadas, fritidas, cocidas), sobresaíndo especialmente a tenreira galega e o porco. De entre todos os pratos, destaca no inverno o cocido galego, onde o gran protagonista é o porco, acompañado a miúdo de carne de galiña e de tenreira, xunto ás legumes e verduras que completan a receita. Outra das suculencias gastronómicas das terras do interior é a troita, peixe de río que deu lugar á Festa da Troita, festa de interese turístico que ten lugar o último fin de semana de maio en Ponte Caldelas.

Na sobremesa as exquisiteces veñen en forma de todo tipo de doces e repostería caseira. As tortas, roscóns, cañas, filloas, arroz con leite, leite fritido, ou o queixo de tetilla con marmelo son algúns dos produtos preparados para os padais máis ávidos.

E para acompañar non podemos esquecernos dos viños locais, entre os que sobresaen os brancos, especialmente o afamado Albariño, coñecido internacionalmente, froito das peculiaridades climáticas e do solo da zona. Tamén digno de mención é o excelente augardente que se dá nas Terras de Pontevedra, produto tradicionalmente caseiro, cuxo sector está hoxe en día completamente modernizado e profesionalizado, o que permite pór a disposición dos visitantes todo tipo de licores en restaurantes e tendas especializadas.

1 Tenedor


Machuco

  • 1 Tenedor
  • Pontevedra
  • +34 986 841 648

    Mare e Monti

  • 1 Tenedor
  • Pontevedra
  • +34 886 214 894

    María Luisa

  • 1 Tenedor
  • Pontevedra
  • Mcdonald's

  • 1 Tenedor
  • Pontevedra
  • +34 986 848 134

    Meson El Albero

  • 1 Tenedor
  • Pontevedra
  • +34 986 855 575

    Moma Music Hall

  • 1 Tenedor
  • Pontevedra
  • +34 618 025 661

    O Cousa

  • 1 Tenedor
  • Pontevedra
  • +34 986 842 680

    O Cruceiro

  • 1 Tenedor
  • Pontevedra
  • +34 986 840 436 || +34 660 324 961

    O Forno

  • 1 Tenedor
  • Pontevedra
  • O Furancho de Bora

  • 1 Tenedor
  • Pontevedra
  • +34 986 860 945

    O Galo Dourado

  • 1 Tenedor
  • Pontevedra
  • +34 986 870 441

    O Lagarto

  • 1 Tenedor
  • Pontevedra
  • +34 986 896 607

    O Lar de Vike

  • 1 Tenedor
  • Pontevedra
  • +34 986 830 918

    O Muelle

  • 1 Tenedor
  • Pontevedra
  • +34 986 853 156

    O Noso Bar

  • 1 Tenedor
  • Pontevedra
  • +34 986 840 446

    O Rareco do Miguel

  • 1 Tenedor
  • Pontevedra
  • Os Piñóns

  • 1 Tenedor
  • Pontevedra
  • Osaka Sushi

  • 1 Tenedor
  • Pontevedra
  • +34 986 913 368

    Osiris

  • 1 Tenedor
  • Pontevedra
  • +34 986 863 086

    Pacific Blue

  • 1 Tenedor
  • Pontevedra
  • +34 986 108 993

    Paloma II

  • 1 Tenedor
  • Pontevedra
  • +34 986 851 177 || +34 986 844 210

    Parrillada Pontenovo

  • 1 Tenedor
  • Pontevedra
  • +34 986 847 227

    Peregrino 2

  • 1 Tenedor
  • Pontevedra
  • Pizzería el Pibe

  • 1 Tenedor
  • Pontevedra
  • +34 986 101 601

    Pizzeria Salva

  • 1 Tenedor
  • Pontevedra
  • +34 986 840 534

    Ponte Tapas

  • 1 Tenedor
  • Pontevedra
  • +34 986 853 687

    Premio

  • 1 Tenedor
  • Pontevedra
  • +34 986 103 528

    <<  1 2 3 [45 6 7 8  >>  

    Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

    Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.