Mancomunidade de Terras de Pontevedra

  • Inicio
  • qué ver
  • Casco Histórico de Pontevedra

O centro histórico de Pontevedra, declarado Conxunto Histórico-Artístico en 1951, é un dos mellores conservados de Galicia, xunto co de Santiago de Compostela, e testemuña indiscutíbel do esplendor medieval da cidade, cando Pontevedra aínda estaba profundamente ligada ao mar.

A beleza das súas rúas e prazas encadean a todo aquel que as visita, entre casas populares e de abolengo que revelan o pasado da cidade, con importantes mostras arquitectónicas que conservan o encanto de tempos lonxanos. Durante todo o paseo quedará patente o pasado fidalgo de Pontevedra, ao camiñar ao paso dos numerosos blasóns que ocupan as fachadas de todo o casco histórico.

A praza da Leña, onde antano se vendía a leña para quentar as cociñas, recolle os tres pazos que actualmente albergan o Museo Provincial, recoñecido como un dos museos máis representativos da historia, a arqueoloxía e a arte galega. A un paso, a praza de Verdura -onde até fai poucos anos se podían mercar os produtos do campo- convértese nun dos centros neurálxicos da vila, punto de encontro para tomar un refrixerio antes de continuar o noso paseo deica a praza do Teucro, nome do arqueiro grego ao que se lle atribúe a fundación de Pontevedra.

Baixando deica a beira do río chegamos á praza de Mugártegui -xusto antes de chegar á praza de Abastos- onde se atopa o pazo que actualmente ocupa a sé do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, bandeira do coñecido viño Albariño da zona. Seguindo o noso percorrido, na parte máis alta do casco histórico, atópase a espectacular praza da Ferraría, onde antigamente os artesáns traballaban a forxa, hoxe lugar de encontro de moitos dos espectáculos que se organizan na cidade, e que acolle, entre outros edificios, o Convento de San Francisco, cos seus fermosos xardíns.

Amén de pola representatividade e excelente estado de conservación da súa arquitectura civil, o casco histórico de Pontevedra destaca pola súa non menos importante arquitectura relixiosa. Así, as ruínas do antigo Convento de San Domingos, malia a que hoxe só conservan parte do seu esquelete externo e a cabeceira do antigo templo, son consideradas o mellor expoñente do gótico galego.

Preto das ruínas de San Domingos atópase a Basílica de Santa María a Maior, declarada Monumento Nacional, da que cabe suliñar a portada plateresca de excelente talla mandada construír polo antigo Gremio de Mareantes no século XV, onde aparece representado o Cristo da Boa Viaxe, ao que os mariñeiros se encomendaban antes de partir ao mar.

Ademais cabe sinalar varias igrexas conventuais representativas, como a de San Francisco, a da Peregrina, con planta en forma de concha de vieira como símbolo dos Camiños Xacobeos- e, algo máis lonxe, máis abaixo da praza da Leña, a de Santa Clara e a de San Bartolomeu.

Audioguía do Centro Histórico de Pontevedra

altavozDescargar audioguía do Centro Histórico de Pontevedra

Igrexa de San Bartolomeu

01 iglesia de san bertolomeu

 

Esta espectacular igrexa barroca de finais do século XVII y comezos do XVIII atesoura un extraordinario conxunto de retablos y esculturas de artistas de gran envergadura coma Pedro de Mena ou Gregorio Fernández entre outros.

Seguir lendo

Praza das Cinco Rúas

20 pontevedra praza das cinco ruas

 Chamada así porque nela conflúen cinco rúas está situada no casco antigo da cidade de Pontevedra. Destaca na praza o cruceiro barroco (1773) un fermoso exemplo da arte popular galego. Nas inmediacións poderemos ver a casa onde viviu Valle Inclán en diferentes momentos da súa vida.

Seguir lendo

Convento de Santa Clara

Convento de Santa Clara en Pontevedra

 A comunidade de monxas Clarisas instalouse na cidade no s. XIII. A igrexa do convento foi construída na segunda metade do s. XIV, é de estilo gótico cun importante conxunto de retablos barrocos.

Seguir lendo

Centro de Interpretación das Torres Arcebispais

12 cita

 

Construído no subsuelo, aproveitando o foso defensivo do pazo-fortaleza das Torres Arcebispais, o Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) ofrece unha información contextual da Pontevedra medieval e moderna e do propio edificio do pazo-fortaleza do S.XII

Seguir lendo

Concello de Pontevedra

09 concello de pontevedra

Esta casa Consistorial de estilo ecléctico decimonónico (1877-1890) es obra del arquitecto Alejandro Rodríguez Sesmeros. En su fachada principal destacan los dinteles de las ventanas, los cuatro pares de columnas, el balcón o su singular reloj junto a los frontones de las puertas.

Seguir lendo

Casa da Luz

15 casa da luz

Neste acolledor inmoble que destaca polos seus arcos e porque no século XIX situouse a primeira fábrica da luz, convertendo así en Pontevedra na primeira urbe galega con alumado eléctrico no ano 1888. Na actualidade é a sé de Turismo de Pontevedra, Terras de Pontevedra, Filme Commison e a concellería de Turismo e Emprego de Pontevedra

Seguir lendo

Casa das Campás

19 casa das campas

Na rúa de D. Filiberto atópase un dos edificios máis cargados de lenda da cidade: A Casa das campás, hoxe sé pontevedresa do Reitorado da Universidade.

Seguir lendo

Mercado de Abastos

14 mercado de abastos

Na ribeira do río Lérez, atópase o Mercado de Pontevedra, un lugar de intensa vida comercial. Reformado no ano 2003, mantén integramente o seu encanto de mercado antigo coas antigas fachadas, as escalinatas interiores de pedra e decenas de arcos que coroan este espazo do comercio pontevedrés onde podemos atopar produtos de primeira calidade.

Seguir lendo

Parador de Pontevedra

16 parador pontevedra

 

No casco histórico de Pontevedra sitúase o Parador que ocupa un palacio renacentista dos séculos XVI-XVII , antiga residencia dos Condes de Maceda destacando a súa portada neoclásica e unha señorial escalinata de pedra labrada que conduce ás habitacións..

Seguir lendo

Teatro Principal

08 teatro principal

 

Este antigo teatro, combina aspectos decorativos dos teatros do século XIX cun interior cun acondicionamento máis actual e moderno. Trátase dun espazo cultural pertencente ao Concello de Pontevedra, que ofrece unha ampla e variada oferta cultural ao longo de todo o ano.

Seguir lendo

  • 1
  • 2

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.