Mancomunidade de Terras de Pontevedra

Convento de San Francisco

05 convento de san francisco

 

Construída case na súa totalidade no século XIV, esta igrexa conventual dos franciscanos é unha obra mestra da arte das ordes mendicantes que chegaron á cidade na época do seu primeiro esplendor. Foi declarada monumento histórico-artístico en 1896. No seu interior podemos destacar a sepultura de Paio Gómez Charino, trobador, almirante do mar, pertencente a unha das familias nobres da época.

Segundo a tradición, o convento foi fundado por Francisco de Asís, que parou en Pontevedra mentres facía a ruta Portuguesa do camiño de Santiago. A edificación foi construída entre 1310 e 1360, contando coa axuda económica dos herdeiros de Paio Gómez Chariño nun solar da casa de Soutomaior, naquela época aínda fose do perímetro da muralla da cidade.
A opulencia desta construción provocou envexa nos membros da orde dominica instalados na cidade, que remataran a súa igrexa dez anos antes, e que decidiron iniciar en 1380 a construción doutra igrexa maior que a franciscana, con cinco ábsidas. Este gran apoxeo na construción debeuse ao gran número de donacións económicas procedentes de familias podentes, medorentas da morte procedente da peste bubónica que abordelou Europa nesa época. Logo da desamortización de Mendizábal o recinto quedou deshabitado, e en 1930 o templo foi cedido por Real Orde.
A igrexa é de estilo gótico tardío ou oxival, e foi declarada monumento histórico-artístico en 1896. Ten planta de cruz a latina, con nave única, cruceiro, cuberta de madeira e cabeceiras con tres ábsidas poligonais, cubertas con bóvedas de crucería.
No seu interior, hai que destacar, no cruceiro e á esquerda do altar maior, a sepultura de Paio Gómez Chariño, trobador e almirante do mar, así como a de dous matrimonios de familias nobres, que se cre son de finais do século XIII ou principios do século XIV. Tamén cabo destacar a imaxe do Nazareno (talla do século XIX) e as pinturas murales situadas na parte lateral esquerda pertencentes aos séculos XVI e XVIII.

No seu interior están os sartegos de Pai Gómez Chariño, Xoán Feijoo de Soutomaior, e Paio de Montenegro.

Audioguía do Convento de San Francisco

Descarga a audioguía do Convento de San Francisco

Información

Dirección

Praza da Estrela, s/n
36002 Pontevedra

Aceso

Aceso peonil

Info útil

...

 

Como Chegar ao Convento de San Francisco

Código QR

qr pontevedra convento san francisco

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o seu nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.

Coordenadas

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.431215
Lng: -8.643189

Coordenadas por grados (DMS):
Lat: 42°25'52.4"N
Long: 8°38'35.5"W

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.