Mancomunidade de Terras de Pontevedra

Pazo de Mugartegui

17 pazo de mugartegui

 

Está situado na Praza da Pedreira, así chamada polas actividades da talla de pedra que aquí desenvolvían os canteiros da cidade. Construído durante os séculos XVII -XVIII, o Pazo de Mugartegui é un precioso exemplo da arquitectura urbana do barroco.

O pazo é coetáneo da igrexa de San Bartolomeu e do Colexio da Compañía de Jesús. Foi construído a instancias de José Manuel Valladares e Figueroa, o maiorazgo de Quintáns en San Esteban de Noalla (Sanxenxo) e conde de Fefiñáns, sobre as ruínas dunha casa do século XVII herdada dos seus pais. Foi obra do mestre canteiro Pedro Antonio Ferreiro, natural de Muimenta, que terminou a construción (excepto o gablete do escudo) no ano 1771.

Actualmente restaurado como sala de exposicións, conferencias e concertos, o Pazo de Mugartegui posúe unha fachada onde están os escudos das familias Figueroa, Araújo, Miranda e Quirós e, coroando a construción, un magnífico exemplar de reloxo de sol.

Dividido en varias vivendas, nos anos 50 do século XX serviu de local á Academia de Estudos Jovellanos. Actualmente é propiedade do Concello de Pontevedra, quen encargou o seu rehabilitación e restauración ao arquitecto Jesús Aser Fole. Nas súas dependencias está instalada a sé do Consello Regulador do viño da Denominación de Orixe Rías Baixas, cun museo do viño na súa planta baixa, mentres que os seus salóns son usados en actos protocolarios, culturais e sociais polo Concello. Logo da súa restauración foi inaugurado para estas novas funcións en marzo de 2001.

Audioguía do Pazo de Mugartegui

Descarga a audioguía do Pazo de Mugartegui

Información

Dirección

Plaza Mugartegui, 8
36002 Pontevedra

Aceso

Aceso peonil

Info útil

...

 

Como Chegar ao Pazo de Mugartegui

Código QR

qr pontevedra pazo mugartegui

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.

Coordenadas

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.4336683
Lng: -8.6433944

Coordenadas por grados (DMS):
Lat: 42° 26' 1.206''N
Long: 8° 38' 36.219''W

Etiquetas: pontevedra, pazo, mugartegui, escudo, rias baixas

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.