Mancomunidade de Terras de Pontevedra

Mercado de Abastos

14 mercado de abastos

Na ribeira do río Lérez, atópase o Mercado de Pontevedra, un lugar de intensa vida comercial. Reformado no ano 2003, mantén integramente o seu encanto de mercado antigo coas antigas fachadas, as escalinatas interiores de pedra e decenas de arcos que coroan este espazo do comercio pontevedrés onde podemos atopar produtos de primeira calidade.

O Mercado de Pontevedra é un importante dinamizador da zona onde ten lugar unha gran concentración da actividade comercial e doutra índole, como mostras gastronómicas, showcookings ou exposicións. Tras 50 anos de funcionamento foi reformado no ano 2003 polo arquitecto Cesar Portela. Baixo o edificio construír un aparcamento subterráneo de dúas plantas, e finalizado este procedeuse á reconstrución do novo mercado mantendo integramente as antigas fachadas e escalinatas interiores de cantería.
O edificio destaca, ademais de por o seu valor histórico, pola súa oferta de produtos de alimentación de extraordinaria calidade. Na planta baixa sitúanse os postos de mariscos, peixes, flores e carne. No primeiro piso están instalados os postos de verduras, hortalizas e froitas así como os de embutidos, viños e queixos.

Audioguía do Mercado de Abastos

Descarga a audioguía do Mercado de Abastos

Información

Dirección

Mercado de Abastos
36002 Pontevedra

Aceso

Aceso peonil.

Info útil

...

 

Como Chegar ao Mercado de Abastos

Código QR

qr pontevedra mercado de abastos

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España.
Se o seu nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa. Pulse en obter direccións.

Coordenadas

Coordenadas WGS84 (Google):
Lat: 42.432500
Lng: -8.647472

Coordenadas por grados (DMS):
Lat: 42°25'57.0"N
Long: 8°38'50.9"W

Etiquetas: pontevedra, mercado de pontevedra, mercado, abastos

Logo de Terras de Pontevedra GaliciaLogo de la Xunta de Galicia 

Este sitio web utiliza cookies para garantizar que obteñas a meior experiencia de navegación.