skip to Main Content

Historia de Galicia en 10 rutas: petróglifos de Ponte Caldelas

Historia De Galicia En 10 Rutas: Petróglifos De Ponte Caldelas

A ruta

En varios puntos de Galicia e Europa existen petróglifos, pero, cando foron feitos estes extranos gravados? Quen os fixo e para que?
A segunda ruta da nosa serie, fainos retroceder no tempo ata o segundo milenio antes de Cristo, visitando Ponte Caldelas, vila do interior da provincia Petroglifeira por excelencia, Pontevedra. Faremos un percorrido circular, interpretado polo arqueólogo Fran Alonso, na área arqueolóxica de Tourón, que conta con 150.000 metros cadrados de espazo adicado aos petróglifos. Alí visitaremos e comentaremos cada un dos gravados que nos encontraremos, ao longo de cinco estacións, para posteriormente realizar un percorrido polo Río San Vicente e visitar a igrexa románica de Tourón.

Características

  • Tipo de ruta / lonxitude: Ruta interpretada / circular de 8km de lonxitude.
  • Día: 29 de novembro.
  • Horario: 10h – 14h.
  • Dificultade: Baixa.

Prezo

  • Ruta: 15€. Inclúe: Guía, seguros accidentes e RC.
  • Non inclúe: Comida e bebida.
+ info y venta de entradas
Back To Top