skip to Main Content

II Premios de Comunicación Turística Terras de Pontevedra

II Premios De Comunicación Turística Terras De Pontevedra

Os II Premios de Comunicación Turística “Terras de Pontevedra” teñen como finalidade dar a coñecer o rico patrimonio turístico de Terras de Pontevedra (Campo Lameiro, Marín, Poio, Cerdedo-Cotobade, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa) aos turistas/visitantes que veñen ao destino a través da imaxe, dun xeito visual e desestacionalizado, xa que todas as épocas do ano son propicias para visitar e desfrutar das Terras de Pontevedra e dos seus encantos:

  • a primavera, cun claro protagonismo da natureza e a biodiversidade
  • o verán, a mellor época do ano para desfrutar das nosas praias, rías e ríos
  • o outono, a estación da micoloxía por excelencia, onde tamén as sombras nos petróglifos axudan a apreciar estas manifestacións artísticas en todo o seu esplendor…
  • o inverno e o ano completo por extensión, onde o Camiño de Santiago ao seu paso polo territorio, a gastronomía e as diferentes festas que se celebran en Terras de Pontevedra fan destas terras un lugar de obrigada visita…

Aínda que a participación nestes premios está aberta ao conxunto da sociedade, realizaranse paralelamente unha serie de rutas ou camiñadas que serán publicitadas principalmente en casas rurais, hoteis, albergues, oficiñas de turismo, etc. do territorio.

Todo elo como unha estratexia para fidelizar ao turista que nos visita, promocionando novos produtos e atraéndoos a recursos que non teñan coñecido.

#volvoaTerrrasdePontevedra

Catro son as categorías de participación establecidas nestes II Premios de Comunicación Turística “Terras de Pontevedra”:

  1. Natureza e biodiversidade
  2. Praias, rías e ríos
  3. Micoloxía e arte rupestre
  4. Camiño de Santiago, gastronomía e festas

¿Quen pode participar nestes premios?

Todas aquelas persoas que desexen participar nestes premios deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Ser maior de idade na data e hora de peche do prazo para a presentación das fotografías.
  • Encher o formulario de inscrición e adxuntar as fotografías.
  • Os participantes non poderán presentar a estes premios fotografías que xa foran premiadas con anterioridade noutros premios ou concursos.

Camiñadas e visitas

Organizaranse unha serie de camiñadas e visitas no territorio nas que, acompañados por expertos en arqueoloxía, bioloxía, ou micoloxía por exemplo, os turistas (e resto de participantes que así o desexen) poderán realizar fotografías para presentar estes II Premios de Comunicación Turística Terras de Pontevedra.

As camiñadas e visitas previstas son as seguintes:

  • Sábado 28 setembro:
    • Praias de Covelo e Laño, muiños de Samieira e miradores (Poio)
    • Punto de encontro: Praia de Covelo Ver no mapa →
  • Sábado 5 outubro:
    • Os muíños de Riomaior (Vilaboa)
    • Punto de encontro: Casa da Cultura de Riomaior Ver no mapa →
  • Domingo 6 outubro:
    • Paseo polo río Gafos (Pontevedra)
    • Punto de encontro: Paseo do río Gafos (acceso desde rúa de ponte Boleira) Ver no mapa →
  • Domingo 13 de outubro:
    • Visita á Festa da mazá e da sidra de Santo Tomé de Piñeiro (Marín)
    • Punto de encontro: Biblioteca de Santo Tomé de Piñeiro Ver no mapa →
  • Sábado 19 de outubro:
    • Na procura de cogomelos (Cerdedo-Cotobade)
    • Punto de encontro: Praia fluvial de Cerdedo Ver no mapa →
  • Domingo 20 de outubro:
    • Coñecendo os petróglifos de Tourón (Ponte Caldelas)
    • Punto de encontro: Área Arqueolóxica de Tourón Ver no mapa →
  • Sábado 26 de outubro:
    • Visita ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (Campo Lameiro)
    • Punto de encontro: Entrada do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre Ver no mapa →
  • Domingo 27 de outubro:
    • A senda do Lérez (Pontevedra)
    • Punto de encontro: Praia fluvial do Lérez Ver no mapa →

Todas, a excepción da visita ao PAAR, faranse en horario de mañá entre as 10:00 e as 14:00 horas. A visita ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro realizarase en horario de tarde, de 16:00 a 19:00 horas, para aproveitar as mellores condicións de luz no lugar.

*As datas e horarios poderán variar en función das condicións metereolóxicas ou outros imprevistos.

O número máximo de participantes para cada unha destas camiñadas e de 20 persoas. A reserva de prazas farase por estrita orde de inscrición nas mesmas.

Ademais de con cámara de fotos, recoméndase acudir ás camiñadas cun equipamento axeitado a unha xornada de campo: vestimenta cómoda, botas de montaña ou calzado deportivo (evitar sandalias, tacóns, etc.) gorra, paraugas, auga e un pequeno tentempé.

A inscrición e reserva de prazas é obrigatoria e sen custe algún para os participantes, sendo preciso enviar un correo de inscrición ao enderezo electrónico premios@terrasdepontevedra.org

Inscrición nos premios

Para participar nos II Premios de Comunicación Turística Terras de Pontevedra cubre os datos do formulario adxuntando a fotografía coa que desexes participar. Só pódese participar cunha fotografía por cada categoría. Máis información sobre as bases aquí.

    Categoría *
    Adxuntar imaxe *
    Máximo 1 fotografía por categoría mediante formularios independentes | Tamaño máximo: 10mb | Formatos: jpg, png, jepg
    Aceptar consentimento *

    Recorda que podes participar cunha fotografía para cada unha das catro categorías establecidas. O prazo de inscrición nos premios será o comprendido entre as 00:00h do 01/10/2019 e as 23:59h do 11/11/2019.

    Premios

    A organización dos premios seleccionará as mellores fotografías recibidas e as publicará no fotoblog da mancomunidade rutasterrasdepontevedra@blogspot.com etiquetando cada unha das fotos co nome da categoría e indicando en pe de foto o nome do autor e o lugar da fotografía.

    Unha vez subidas as fotos ao fotoblog, e rematado o prazo de inscrición, o xurado elixirá unha fotografía gañadora para cada unha das catro categorías establecidas.

    Os gañadores de cada unha destas categorías serán obsequiados cunha estancia de fin de semana (de venres a domingo con almorzos incluídos) para dúas persoas nun aloxamento rural das Terras de Pontevedra.

    Se queres consultar as bases completas podes facelo premendo na seguinte ligazón:

    Bases completas →

    Back To Top