Se estás pensando en visitar Terras de Pontevedra coa familia, seguro que xa tes feita una lista cos sitios imprescindibles que cada un de vos quere visitar.
Con unha das maiores concentracións de Arte Rupestre de toda Europa, existen multitude de áreas arqueolóxicas que engadir a esa lista, pero ¿sabías que tamén hai moitas actividades coas que podedes desfrutar dunha forma distinta dos petróglifos cos nenos?
A continuación, recompilamos algunhas das actividades favoritas das familias en Terras de Pontevedra:
1. Visitar os petróglifos cun arqueólogo
Aínda que os gravados rupestres se poden visitar perfectamente por libre, os Centros de Interpretación de Mogor, Tourón e o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro organizan visitas guiadas ás que poden asistir nenos e adultos.
Podes realizar estas visitas para grupos durante todo o ano, previa reserva. Ademais, nos casos de Mogor e Campo Lameiro existe un calendario oficial de visitas para ós meses do verán e outras datas sinaladas. Nas redes sociais de Terras de Pontevedra publicamos as próximas datas dispoñibles no calendario.
2. Tocar os petróglifos
Os gravados rupestres están catalogados como Ben De Interese Cultural e, polo tanto, están protexidos dunha maneira excepcional. Para evitar o seu desgaste e que cada vez sexa mais difícil velos, non podemos písalos nin pintar os seus sucos
Pero no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, podemos sentir os petróglifos a través das “pedras tocables”, unas reproducións creadas para que tanto nenos como maiores podan sentir os sucos da roca.
3. Adentrarnos en sus formas
Un dos gravados rupestres mais famosos de Galicia é o coñecido como Pedra do Labirinto, unha peza única que nos fai recordar a Arte Rupestre de outras partes do mundo. No Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, contan con unha reprodución a grande escala deste petróglifo, polo que podemos camiñar e imaxinar que podía representar ou por que fixeron un debuxo tan diferente ó resto dos que podemos atopar nesta zona da península.
Outro gran labirinto que se inspira nos atopados en Mogor, é o que podemos atopar na Illa das Esculturas, en Pontevedra. Neste caso, trátase dun labirinto de granito con paredes de dous metros de altura e 12 metros de diámetro, obra do artista americano Robert Morris.
4. Experimentar, de primera man, a vida prehistórica
No Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, organízanse numerosas actividades e obradoiros para familias e nenos de tódalas idades, nos que poderán aprender cousas novas sobre a Idade do Bronce, a arqueoloxía e as lendas e mitos que se agochan tras os petróglifos.
Entre os seus obradoiros máis populares están os de cerámica, a creación de lume prehistórico ou os de pintura rupestre. Realízanse durante as fines de semana de Xulio e Agosto en horario de mañá e tarde (é necesario reservar), pero tamén se poden contratar para grupos durante todo o ano.
No parque existe tamén un pequeno poboado da Idade de Bronce, á que se pode acceder coa entrada ordinaria. Nel se reproducen a escala real as teorías dos arqueólogos sobre a vida dos homes e mulleres que realizaron estes gravados.
5. Falar con homes prehistóricos
Outra interesante actividade en familia que se pode realizar no parque é a visita teatralizada. Nela, uns homes e mulleres prehistóricos guiarannos polos secretos do parque e as súas vidas, fai más de 4.000 anos.
Realízanse distintas visitas ó longo do ano, especialmente na tempada alta. É recomendable reservar.
6. Ver os petróglifos de noite
Unha das mellores formas de ver os petróglifos é de noite, cando a luz das lanternas permite distinguir con maior claridade os sucos na rocha. Por iso, o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro e o Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor organizan visitas de noite.
En ambos casos, é suficiente con reservar segundo o calendario publicado no verán, ou solicitar unha visita personalizada para grupos durante o resto do ano.
Tamén se realizan ó longo do ano visitas ó atardecer aos distintos Centros Arqueolóxicos. Atoparás esta información nas nosas redes sociais.
7. Entender como se descobren os petróglifos
Os gravados sempre estiveron aí, pero poucos foron os capaces de velos. No Centro Arqueolóxico da Caeira, en Poio, podemos aprender mais cousas sobre un dos primeiros investigadores da arte rupestre en Galicia: Ramón Sobrino Buhígas, así como do descubrimento dalgúns dos gravados máis representativos do norte de España.
No Museo de Pontevedra, consérvanse tamén, os vaciados de escaiola que utilizou o investigador na década de 1920 para catalogar os Labirintos de Mogor.
8. Acceder ós gravados “inaccesibles”
Gran parte da Arte Rupestre atópase no medio dos montes, o que dificulta que poidamos desfrutalos en familia. Isto sucede, por exemplo, con Pozo Ventura en Poio, ou coa Pedra das Ferraduras en Fentáns.
Podemos ver reproducións destes gravados a tamaño real nas exposicións do Centro Arqueolóxico de A Caeira e no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro.
Tamén podemos ver algún gravados orixinais no Museo de Pontevedra, que conta con unha importante colección de restos prehistóricos.
9. Seguindo os itinerarios da App de Terras de Pontevedra
Terras de Pontevedra oferta numerosos atractivos para as familias. Segue os itinerarios temáticos na aplicación móbil para descubrir algún dos tesouros mellor gardados de Galicia e desfruta dun territorio sen igual.
Podes descarga-la app para Android e iOS neste enlace.
Lee este artigo en PDF.