skip to Main Content

Solpores únicos en Terras de Pontevedra

Terras de Pontevedra atardeceres únicos

Escoller as postas de sol máis abraiantes de Terras de Pontevedra antóxasenos, de partida, coma unha tarefa complicada. Cunha paisaxe que mestura peculiares vilas mariñeiras con picos montañosos de elevado valor natural, e grandes obras modernas con gravados de fai miles de anos, do que si podemos estar seguros é de que non atoparás solpores únicos coma os que vos propoñemos, en ningún lugar do mundo.

¿Anímaste a descubrilos todos?

Con vistas a Combarro

¿Que sería dunha visita a Pontevedra sen visitar Combarro e os seus curiosos hórreos á carón do mar? Esta pequena vila mariñeira énchese de vida á tardiña, cando as súas rúas empedradas e as terrazas comezan a acoller unha mestura singular de locais, viaxeiros e veraneantes que veñen ata aquí para desfrutar da posta de sol na ría de Pontevedra e degustar o marisco da zona.

Para unha foto propia dunha postal, coas casas e hórreos reflectidos na auga da ría, merece a ocasión achegarse ó porto náutico ou, se as mareas o permiten, baixar ás praias do Padrón ou da Pinela.

Onde: Combarro

A Enseada de San Simón

Ó longo da costa do Concello de Vilaboa, son moitas as praias e calas que asoman ó espazo protexido LIC Enseada de San Simón. Os seus pequenos portos e paisaxes mariñeiras con vistas á famosa Illa de San Simón, regálannos unas postas de sol de augas espelladas e brillantes cores que se quedan gravados na retina de quen nos visita.

Quizais, unha das máis coñecidas sexa dende o Porto Deportivo de San Adrián de Cobres, ó que chegan cada día os barcos cargados dos mexillóns que crecen nas bateas que salpican as augas da ría.

Onde: San Adrián de Cobres

O paseo do Lérez, Pontevedra

Se a cidade de Pontevedra está chea de vida ó longo do día, é co solpor cando os pontevedreses máis a desfrutan, coas prazas e terrazas cheas de amigos cos que poñerse ó día e divertirse. Esta é, sen dúbida, unha das razón pola que é considerada unha das cidades con maior calidade de vida de Europa.

Dende Terras de Pontevedra, recomendamos achegarse ás pontes que cruzan o río Lérez a través do magnífico paseo. As cores sobre as augas, reflectindo en parte a cidade e en parte as tradicionais estruturas mariñeiras que caracterizan esta parte da ría, crean un solpor único na ría de Pontevedra.

Onde: Pontevedra

Serrapio e val do Lérez

Se as paisaxes da costa que rodean a cidade de Pontevedra merecen un bo lugar nesta lista de solpores únicos, as de interior da provincia non son menos importantes. No concello de Cerdedo-Cotobade, son moitos os puntos que nos deixan ver a posta do sol sobre o val do Lérez dende arriba, como son o Monte do Seixo ou Serrapio.

Se o tempo o permite, a subida a Serrapio proporciona unha estampa pintoresca de montañas, hórreos e os restos dun vía crucis en plena ruta de sendeirismo das Pontes do Lérez.

Onde: Serrapio

Serrapio2

Miradoiro da Castrelada

Subir ó miradoiro da Serra da Castrelada pode ser un gran remate a un día explorando as sendas fluviais que percorren o concello de Ponte Caldelas e a súa premiada Praia fluvial de A Calzada. En días abertos, este miradoiro permite ver unha gran extensión do territorio de Terras de Pontevedra e, incluso as tres rías: Vigo, Pontevedra e Arousa.

Tampouco se deben desbotar as vistas dende as estacións máis altas da Área Arqueolóxica de Tourón, onde ademais se poden desfrutar ós seus petróglifos nun dos momentos nos que mellor se poden apreciar ós sucos dos gravados.

Onde: A Castrelada

Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro

E, postos a escoller unha posta de sol diferente, o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro organiza cada verán (e nos principais períodos vacacionais) visitas guiadas que teñen lugar á posta do sol. Nestas, pódense coñecer algúns dos petróglifos máis representativos de Galicia, acompañados dun arqueólogo experto.

Outra opción alternativa é asistir as “Noitepedras”, visitas nocturnas nas que, coa axuda de luces LED en luz rasante, visítanse algúns dos petróglifos menos coñecidos do parque.

Pódense consultar próximas datas e dispoñibilidade no teléfono e e-mail do parque, sendo imprescindible en ambos casos a reserva. O percorrido está adaptado a nenos, que contan cun prezo reducido, e pódense solicitar visitas privadas para grupos.

Onde: Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre

Nota: Ademais das visitas nocturnas ó Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, o Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor, organizan en tempada alta algunhas visitas nocturnas e pódense concertar visitas para grupos en Tourón, a través do concello de Ponte Caldelas.

Praia Santo do Mar

Praia do Santo do Mar

Que Marín ten algunhas das praias mais fermosas das Rías Baixas é indiscutible. A súa fina area branca, a calidade das súas augas e os servizos ofertados, convertéronas en toda unha referencia para os galegos, que se achegan ata aquí nos meses de verán.

Pero é na Praia do Santo do Mar (tamén coñecida como O Santo) ondea toparemos unha das postas de sol máis bonitas das Rías Baixas: Durante o solpor e, especialmente coa marea baixa, o mar toma cores alaranxadas e un estreito camiño na area achéganos ó pequeno illote de San Clemenzo (ou do Santo do Mar) e á súa antiga capela, hoxe en ruínas.

Onde: Praia do Santo do Mar, Marín

 

¿Qué outras postas de Sol te impactaron en Terras de Pontevedra? ¿Cales engaderías na lista? Cóntanolo nos comentarios.

 

Descarga este artígo e lévao onde queiras, en formato PDF

 

Segue explorando Terras de Pontevedra coa App para iOS y Android

Terras de Pontevedra oferta numerosos atractivos para tódolos viaxeiros. Atopa máis lugares únicos ou segue as rutas temáticas coa app móvil para descubrir algún dos tesouros mellor gardados de Galicia e desfrutar dun territorio sen igual.

Descarga a  app para Android e iOS neste enlace

Back To Top