Miradores e Áreas Recreativas
A riqueza natural de Terras de Pontevedra pódese apreciar tamén ao lonxe. Son varios os miradoiros que permiten contemplar a beleza destas terras nas que se conxuga paisaxes de interior e montaña con paisaxes de litoral.
Pero se o que o visitante desexa é pasar un bo rato ao aire libre convidámolo a achegarse até as áreas de recreo habilitadas que existen a disposición do público en Terras de Pontevedra.