skip to Main Content

Casa de Colón

A partir dos traballos de Celso García de la Riega, son numerosos os estudos que acreditan unha familia Colón vencellada ao mar, e a Moureira, o barrio do comercio marítimo de Pontevedra onde se construíu a nave capitá Santa María, bautizada “A Galega”. Esta familia de orixe italiano estableceuse en Porto Santo, lugar onde se alza a Casa Museo Cristóbal Colón, un moderno edificio e dúas casas rehabilitadas que foron propiedade da familia Colón na idade media que amosan un percorrido sobre a teoría do Colón Galego.

A finais do século unha revolucionaria teoría acaparou todos os comentarios a nivel internacional: “Cristóbal Colón, español“. Este era o nome dun traballo de Celso García de la Riega, que baseara o seu convencemento en certos documentos achados nos arquivos de Pontevedra. As súas investigacións deron pé para ser continuadas e melloradas, ata que na actualidade podemos afirmar que o berce de Colón foi Galicia.

Os principais argumentos que sustentan esta tese están recollidos nos diferentes espazos do museo, que mostra as testemuñas que acreditan a galeguidade de Colón. En Porto Santo, parroquia de San Salvador de Poio (Pontevedra), áchanse as ruinas da denominada Casa natal de Cristobal Colón ou Casa da Cruz, chamada así por atoparse fronte a ela un crucero en cuxa base podía lerse a inscrición “Juan Colón, 1490”. Dita inscrición foi limada, aínda que afortunadamente existen fotografías tomadas en 1917 polo arqueólogo Luís Gorostola que confirman esta frase. A poucos metros achamos a Leira A Puntada, que pertenceu aos Duques de Veragua, descendentes do descubridor, feito acreditado por todos os historiadores. Próxima a esta, a Horta de Andurique, propiedade en 1519 de Juan Colón, bisneto do primeiro Colón, Bartolome Colón, un italiano establecido en España e en Galicia cara a 1380 e que desempeñou o cargo de procurador dunha confraría da ribeira.

Existen decenas de documentos auténticos que proban a residencia nestes lugares de familias apelidadas Colón, todos eles relacionados co gremio marítimo ou dos Mareantes. Estas confrarías que se dedicaban ao comercio marítimo, tiñan os seus estaleiros no arrabalde do barrio da Moureira -precisamente na ría que se acha fronte á leira A Puntada- onde se construíu a nave capitá Santa María, bautizada “A Galega”.

Non obstante, a tese que mais reforzan a orixe galega de Colón é o uso de topónimos de Galicia no descubrimento. Ricardo Beltrán, secretario perpetuo da Real Sociedade Xeográfica e membro da Academia de Historia, sinalou que “Toda la nomenclatura geográfica de las tierras descubiertas por Colón en sus cuatro viajes es española, siendo de notar que en ella se reproducen voces propias y aún exclusivas, únicas del litoral gallego“.

Como peza máis destacada, a Casa Museo exhibe unha replica de de 1892 da carta náutica de Juan de la Cosa do ano 1500, e entre os contidos audiovisuais pode verse o documental “Pontevedra, berce de Colón, realizado polo cineasta Enrique Barreiro no anos vinte do século pasado.

Direccion
Dirección
Praza de Cristóbal Colón S/N. (Portosanto)
36163, Poio - Pontevedra
Coordenadas
WGS84 (Google): 42.43027869185134, -8.658073154639396
DMS: 42°25'49.003''N 8°39'29.063''O
Acceso
Acceso
Acceso rodado para vehículos. Aceso peonil as pistas de terra.
Info Util
Info útil
Un espazo de nova creación, onde se supón a orixe de Cristóbal Colón, para a través de pantallas, maquetas, bibliografía e vídeos xustifican a teoría sobre o nacemento deste persoeiro no concello de Poio.

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.

Back To Top