skip to Main Content

Museo de Pontevedra

Tanto pola calidade como pola variedade dos seus fondos o Museo de Pontevedra está considerado como un dos museos provinciais máis importantes de España. Foi fundado en 1927 baixo os auspicios da Deputación Provincial presidida por Daniel da Sota e Valdecilla, o Museo de Pontevedra é tamén un destacado centro de investigacións e alberga un arquivo e biblioteca dos máis valiosos de Galicia. O percorrido polos seus edificios e salas é unha visita a historia, a arqueoloxíaa e á arte galegos.

Recoñecido como un dos museos máis representativos da historia, a arqueoloxía e a arte galega, foi creado en 1927 co patrocinio da Deputación Provincial, co obxectivo de convertelo nun centro de estudos e fomentar o coñecemento sobre a cultura galega nas súas distintas manifestacións ao longo do tempo.

Os seus fondos repártense en seis sedes diferentes: o edificio Castro Monteagudo, o edificio García Flórez, o edificio Fernández López, o edificio Sarmiento e as ruínas do Convento de Santo Domingo e un moderno sexto edificio entre as rúas Serra e Padre Amoedo.

Edificio Castro Monteagudo

Construído no s. XVIII, está situado na praza da Leña, e recolle coleccións de arqueoloxía, xoiería prerromana e romana, ourivería e pratería popular e civil (colección Fernández de la Mora) e pintura española, italiana e flamenca do s. XV ao XVIII.

Edificio García Flórez

Pegado ao edificio Castro Monteagudo, tamén do s. XVIII, acolle unha ampla exposición de acibeches, gravados, escultura relixiosa, louza de Sargadelos, así como o despacho do almirante Méndez Núñez e unha reprodución da cámara da fragata Numancia, totalmente fidedigna, ademais dunha antiga cocina tradicional galega e as salas dedicadas a Castelao.

Edificio Fernández López

Situado tamén na praza da Leña, expón unha mostra da pintura española dos séculos XIX e XX. Alberga tamén biblioteca e arquivos, un bo exemplo de arquitectura contemporánea.

Edificio Sarmiento

Situado moi preto da praza da Leña, na calle Sarmiento, número 51, ao lado da Igrexa de San Bartolomé. Foi construído no s. XVIII.

Ruinas del Convento de Santo Domingo

Situadas na parte máis alta do centro histórico de Pontevedra (Gran Vía de Montero Ríos, s/n); hoxe só se conservan as evocadoras e misteriosas ruínas da cabeceira da súa igrexa (s. XIV), concibida con cinco capelas absidais, xunto coa fachada da sala capitular (algo posterior) cunha pequena portada e rosetón. No interior podemos atopar a sección de Arqueoloxía do Museo, de onde destaca a colección heráldica e de sepulcros medievais de importantes cabaleiros coma Paio e Sueiro Gómez de Soutomaior, xunto a capiteis visigóticos e románicos. Tamén estiveron aquí soterrados persoeiros coma Tristán de Montenegro e o nobre galego do s. XV Pedro Álvarez de Soutomaior, popularmente coñecido coma Pedro Madruga.

Sexto edificio

Edificio de recente construción e incorporación ao Museo, situado na horta da Compañía de Xesús, detrás da igrexa de San Bartolomé e do Edificio Sarmiento. Dispón dunha superficie de 10.000 m2, a maior parte destinada a exposicións, tanto permanentes, como temporais, que se están incorporando.

Horario:

Inverno: do 1 de outubro ao 1 de maio; martes a sábados 10 a 14 h. e 16 a 19 h. domingos e festivos 11 a 14 h. luns pechado.
Verán: do 1 de xuño ao 30 de setembro; martes a sábados 10 a 14 h. e 16.30 a 20.30 h. domingos e festivos 11 a 14 h.

Exposicións temporais:
Martes a venres 15 a 21 h. Sábados 11 a 14 h. e 18 a 21 h.
domingos e festivos 11 a 14 h. lns pechado.

Biblioteca e arquivos gráfico e documental:
Inverno: Luns a venres de 9.15 a 14 h. e de 16.15 a 19 h.
Verán: Luns a venres 9 a 14 h.

Visitas organizadas:
T 986 851 455 / 986 843 238 | F 986 840 693.

Direccion
Dirección
Calle de la Pasantería, 2-12
36002, Pontevedra

T: 986 851 455 / 986 843 238 | Fax: 986840693
Coordenadas
WGS84 (Google): 42.4325503, -8.6430
DMS 42°25'57.181''N 8°38'34.8''W
Acceso
Acceso
Aceso peonil.
Info Util
Info útil

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.

Back To Top