O museo ‘Manuel Torres’ xorde a raíz da doazón do pintor Manuel Torres ao Concello de Marín de 77 das súas obras. Posue unha ampla colección deste recoñecido pintor, nado en Marín en 1901 e distintas salas que acollen exposicións temporais.
Influído principalmente por Carlos Maside, ao que lle unía unha grande amizade, Manuel Torres traballou en varios xornais, onde publicou viñetas e debuxos que deixaban ver a súa admiración polo estilo e sátira de Castelao. A súa ampla traxectoria abrangue case todas as disciplinas e correntes: paisaxes, bodegóns, retratos e gravados, xunto a un elevado número de debuxos a lapis, tinta e esculturas.
O resto das salas do museo recollen exposicións temporais de artistas plásticos contemporáneos e artesáns.