skip to Main Content

A Vila de Ponte Caldelas

Pontecaldelas 5

En Galicia a auga forma parte da paisaxe, pero se nalgún lugar iso é determinante é, sen dúbida, na vila de Ponte Caldelas. Moi coñecida como vila termal, as súas rúas e prazas teñen un engado especial de casco urbano pequeno pero coqueto no que chama a atención o nobre das construcións, e a pegada da emigración nas casas de indianos.

O seu nome suxire mananciais de augas minerais, pontes, presas… pois recibe o seu nome da ponte e das súas augas termais. Esa personalidade de vila termal amosase na tranquilidade da vila nos paseos da ribeira do Verdugo, ou na Alameda, que se enche de animación o día de feira en Pontecaldelas, dúas veces ao mes, os días 5 e 20, así que é un bo lugar de reunión para veciños de concellos limítrofes.

Ademais de posuír excelentes recunchos, prazas e xardíns en Ponte Caldelas destacan edificios emblemáticos como o Pazo de Dona Sofia, a Casa Consistorial , as casas de indianos, e o rexio edificio da antiga cárcere do antigo partido xudicial de Ponte Caldelas, hoxe convertida en Casa da Cultura

Existiu un balneario, do que pouco máis queda que o recordo, aínda que está en marcha un proxecto para impulsar outra vez o termalismo na vila. Pero máis alá do termal, o fluvial exprésase noutro elemento fundamental en Ponte Caldelas, as pontes. A romana, que en realidade foi construída a finais do século XVI, e na que no ano 1809 librouse unha batalla contra o exército do mariscal Soult, e a de madeira, que é peonil e recente.

A calquera que se dea un paseo pola vila, chamaralle a atención a abundancia de mostras de arquitectura colonial. As casas de indianos testemuñan o forte impacto da emigración na zona, que se concentrou, fundamentalmente, en México e Brasil, como mostra a a Casa de Méndez, e a vivenda chalet “Los molinos” entre outras. En bo estado de conservación, a súa color, e os detalles que as adornan poñen unha nota de exotismo nun casco urbano pequeno pero coqueto.

Direccion
Dirección
Avenida Galicia, 17
Ponte Caldelas
36820, Pontevedra
Coordenadas
WGS84 (Google): 42.390804, -8.503168
DMS: 42°23'26.9"N 8°30'11.4"W
Acceso
Acceso
Coller a Estrada PO-244, ata o desvío de Ponte Caldelas.
Info Util
Info útil

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.

Back To Top