skip to Main Content

Lago de Castiñeiras

Situado entre os municipios de Vilaboa e Marín atópase o Lago de Castiñeiras, un magnífico paraxe para pasar un día en plena natureza. A súa orixe artificial (foi creado en 1950) non é escusa para o seu encanto, constituíndo un verdadeiro paraíso natural subliñábel pola riqueza da súa flora e fauna.

A súa flora caracterízase polo predominio do carballo americano, o loureiro e o piñeiro; mentres que en canto á fauna, abundan as aves, especialmente as palmípedas. A abundancia de troitas nas súas augas converte este emprazamento en punto de encontro de pescadores na tempada de pesca. Cabe subliñar a existencia dunha Aula de Natureza que organiza visitas de grupos.

Direccion
Dirección
Lago de Castiñeiras s/n
Vilaboa, Marín
36913, Pontevedra
Coordenadas
WGS84 (Google): 42.362996, -8.674451
DMS: 42°21'46.8"N 8°40'28.0"O
Acceso
Acceso
Chégase dende as estradas locais que comunican o parque cos concellos de Marín, Vilaboa, Moaña e Pontevedra.
Accesibilidade ás inmediacións: andando, coche, autobús.
Accesibilidade ao recurso: só andando.
Estrada PO-101 (indicación Castiñeiras) desvío por Figueirido e subir ataa a estrada PO-103.
Info Util
Info útil
Este área de recreo está situada ao bordo do lago Castiñeiras, lago artificial creado nos anos 50, e rodeado dunha flora e fauna variada. As especies que se poden atopar neste espazo son o carballo americano, o eucalipto, loureiro e o piñeiro que proporcionan abundantes sombras. En canto á fauna pódense ver, cervos, gamos e numerosas aves, algunhas palmípedes.

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.

Back To Top