skip to Main Content

Miradoiro de Cotorredondo

Non hai mellor lugar para contemplar o LIC Enseada de San Simón que o miradoiro de Cotorredondo. Situado no municipio de Vilaboa, a apenas dous quilómetros do Lago Castiñeiras, o visitante poderá contemplar conxuntamente, nunha estampa sen igual, a Illa de San Simón e as rías de Arousa, Vigo e Pontevedra.

O tamén denominado miradoiro de Tres Rías, agasallaranos coa abundante vexetación de toxos, carballos, eucaliptos, piñeiros e loureiros que se dispoñen no seu entorno, xunto á diversidade da súa fauna, entre a que se atopan cervos, gamos, corzos, parrulos e outras especies de aves.

Direccion
Dirección
Lago de Castiñeiras s/n
Vilaboa, Marín
36913, Pontevedra
Coordenadas
WGS84 (Google): 42.3531217, -8.6751959
DMS: 42°21'11.23"N 8°40'30.70"W
Acceso
Acceso
Chégase dende as estradas locais que comunican o parque cos concellos de Marín, Vilaboa, Moaña e Pontevedra Accesiblidade ao recurso: só andando.
Info Util
Info útil
Dende aquí contémplase a Illa San Simón e as rías de Arousa, Vigo e Pontevedra. Rodeando ao miradoiro, chamado tamén "Miradoiro de tres Rías, hai abundante vexetación de toxos, carballos, eucaliptos, piñeiros e loureiros. A fauna é variada: cervos, gamos, corzos, parrulos e outras especies de aves.

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.

Back To Top