skip to Main Content

Os Baños de San Xusto

A localización, a escasos metros do río, o ámbito boscoso e as ruínas dunhas antigas instalacións, que se remontan a 1915, dotan a estes baños dun encanto especial, xa que aínda permiten o baño termal en augas fluoradas e sulfuradas

Os Baños de San Xusto están situados na marxe esquerda do río Lérez, en Barbeitos, na parroquia de San Xurxo de Sacos (Cotobade). Reciben o seu nome dun antigo balneario, construído a principios do século XX, hoxe en ruínas. Antigamente, a xente viña de todas as partes da provincia de Pontevedra, e tamén de fóra dela. Estas augas foron e son moi gabadas, sendo entón, aconselladas e receitadas polos médicos para distintas doenzas: estómago e aparato dixestivo en xeral, fígado e sobre todo para as cutáneas. Aínda hoxe hai dúas antigas bañeiras que decoran o recinto.

Nas súas inmediacións se situa unha área recreativa que dispón  bancos e mesas de pedra. O seu ámbito é unha zona cargada de historia e de elementos de gran valor arquitectónico e paisaxístico, como fontes de auga termal, unha ponte medieval, catro muíños, e as súas canles así como camiños históricos.

Direccion
Dirección
Barbeitos, San Xurxo de Sacos
36820, Cotobade - Pontevedra
Coordenadas
WGS84 (Google): 42.5199529310105, -8.514202886616545
DMS: 42°31'11.831'' N 8°30'51.13''O
Acceso
Acceso
Acceso rodado para vehículos, amplio parking.
Info Util
Info útil
Dispón bancos e mesas de pedra sobre o río. Tamén hai algunhas duchas de auga quente sen servizos.

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.

Back To Top