O alto da Serra da Castrelada está ocupado polo Monte de Pé de Múa, Éntrase polo merendeiro do Pé da Múa e séguese por unha pista de terra durante aproximadamente 1 quilometro ata chegar á base de dúas lomas, O Coto Grande e o Coto Pequeno.
Neste espectacular emprazamento podemos atopar os restos duna especie de “chabola de pastores” construído con grandes bloques aproveitando unha gran rocha para formar unha das súas paredes. Dende o alto gozaremos dunhas grandes vistas de toda a Serra da Castrelada e dos Montes do Pé da Múa.