skip to Main Content

Serra do Cando

O Lugar de Interese Comunitario Serra do Cando ocupa unha superficie de 5.458 hectáreas, e abarca os concellos de Cerdedo, Cotobade, Forcarei, A Lama, Beariz. Dacabalo entre Cotobade e A Lama, atopase o Monte do Seixo, un dos enclaves paradigmáticos desta serra.

Cunha altitude media de 712 metros, a Serra do Cando, de clima atlántico, constitúe unha zona de media montaña caracterizada polo seu peculiar vegetación.

O Cando ten orientación N-S, con montes de media altura (600 a 1.000 m) de perfil redondeado, formados por granitos que aparecen en bolos e penedos de formas pintorescas, debido a erosión producida pola auga e o xeo . Está unida ao Candán polos montes da Costoia.

Nas súas vertentes nace o río Verdugo e afluentes do Lerez e combina superficies de mato e afloramentos rochosos nas partes máis altas con pequenas carballeiras e bosques de ribeiras, integrados fundamentalmente por freixos e bidueiras.

Os ecosistemas de maior valor son as turbeiras dos cumes, os bosques de ribeira e as carballeiras do río Verdugo e os seus afluentes.

Os cumes máis importantes son o Outeiro do Couto (1.017 metros) e Solombeiro (1.007 metros) ainda que o seu lugar de referencia e o Monte do Seixo, de 967 metros.

A espléndida paisaxe da serra invítanos á súa recreación nos excelentes miradoiros naturais, tanto desde o alto das montañas, como sobre as terras prelitorais que adiantan o litoral de Rías Baixas.

Direccion
Dirección
Serra do Cando
Cotobade, A Lama - Pontevedra
Coordenadas
WGS84 (Google): 42.4691395, -8.385532
DMS: 42°28'8.902''N, -8°23'7.915''O
Acceso
Acceso
Acceso dende PO 234.
Info Util
Info útil
A serra do Cando é moi ampla. Neste caso amostramos un dos seus espazo máis emblemáticos, a contorna do Monte Seixo dacabalo entre Cotobade e A Lama.

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.

Back To Top