skip to Main Content

Nova versión da App Arte Rupestre de Terras de Pontevedra

Nova Versión Da App Arte Rupestre De Terras De Pontevedra

Terras de Pontevedra presenta a segunda xeración das súas apps de Arte Rupestre, unha ferramenta de peto coa que será posible coñecer, tanto desde casa como in-situ, parte da nosa historia máis antiga. Xogar, aprender e gozar coa arte rupestre da provincia é o principal obxectivo desta nova xeración de apps.

As APPs permitirán tamén coñecer os distintos centros de interpretación de Arte Rupestre distribuídos dentro de Terras de Pontevedra, escoitar as audio guías dalgúns deles e os máis importante, percorrer os Petróglifos a través dun mapa interactivo integrado co navegador do dispositivo. Todo iso acompañado de xogos sinxelos relacionados coa arte Rupestre, como os Quizzes (cuestionarios sobre coñecemento en Petróglifos), unha ferramenta ideal para aprender, ou a Yincana Geolocalizada (retos baseados na túa posición xeográfica); a medida que os usuarios visiten os distintos Petróglifos da provincia irán descubrindo cartas que os converterán en “Mestres e Sabios da Tribo“.

Un ano máis será Petra, a nena troglodita, o personaxe que guiará aos usuarios da app, axudándolles, ofrecéndolles consellos e abríndolles a porta a esta visita á Prehistoria.

A nova xeración de APPs preséntase en tres  idiomas (Galego, Español e Inglés), permitirán tamén a descarga dos seus contidos previamente para poder consultalas no terreo (moi útil para casos nos que non exista conexión a internet), incluso a descarga dos mapas que axudan ao usuario para chegar ata os lugares nos que se esconden estes vestixios do pasado.

Outra das novidades é que todo o código que se escribiu para programar as dúas apps nativas (Android e IOS) doarase á comunidade. Un código pago con diñeiro público que volve á comunidade deste xeito simbólico e real: calquera persoa poderá descargar o código nativo de ambas as apps, construíndo versións ou variantes para xeolocalizar patrimonio ou outro tipo de obxectos localizados. Creouse unha conta GitHub para poñer a disposición do público todo este traballo de varios meses.

Divertirse, aprender e gozar da arte rupestre da provincia é agora posible con esta nova xeración de apps. Pontevedra conserva abundantes vestixios da Prehistoria, desde o Neolítico e o Megalítico, ata os tempos castrenses e os inicios da ocupación romana, a oferta cultural e patrimonial deste espazo hai que escribila con maiúsculas cando falamos de Arte Rupestre.

Podes visitar o mapa interactivo de Petróglifos de Pontevedra no seguinte link:

http://app.terrasdepontevedra.org/

Desde este mesmo portal é posible descargar as apps para as distintas plataformas:

http://app.terrasdepontevedra.org/app-arte-rupestre/

pegatina app arte rupestre

Back To Top