skip to Main Content

Outros Espazos Naturais

Terras de Pontevedra, ademais de contar con varios espazos protexidos, dispón dun sen fin de espazos naturais de interese para visitar, a maioría deles testemuña da ampla relación da zona coa auga, atravesada por pequenos e medianos ríos que van dar ao mar a través de catro dos oito municipios que conforman este marabilloso territorio.

Esta relación terra – auga maniféstase na carballeira de San Xusto, precedente dun percorrido á beira do río; no lago de Castiñeiras; na illa de Tambo; na finca de Lourizán, rodeada de regatos e fontes; na illa das Esculturas, no espazo natural Río Barosa ou no entorno do río Verdugo. Tamén a Alameda de Pontevedra e os xardíns Vicenti atopan a súa relación coa auga nalgún dos fermosos recunchos que xera a súa natureza. Unha terra rica en auga e a cotío co beneficio do sol dá lugar a unha paisaxe de beleza sen precedentes.

Back To Top