skip to Main Content

A Cruz do Castro

A Cruz do Castro é un outeiro situado en Carballedo, no que se asenta un xacemento arqueolóxico da Idade do Ferro e da Época Romana Tardía, formado por varios recintos fortificados e distintos elementos etnográficos e construcións de arquitectura popular, entre os que salienta un muiño de vento, o Muíño de Vento de Laredo recentemente restaurado.

A Cruz do Castro é un outeiro que se sitúa ás costas do barrio da Igrexa, en Carballedo, e sirve de soporte a un dos conxuntos patrimoniais máis coñecidos do Concello de Cotobade. Consta dun xacemento arqueolóxico, formado por varios recintos fortificados e distintos elementos etnográficos e construcións de arquitectura popular.

As escavacións arqueolóxicas sacaron á luz vestixios de construcións e materiais da Idade do Ferro e da Época Romana Tardía, os dous espazos históricos nos que se move o asentamento. Desa última os achados son sorprendentemente ricos:  cerámica local e de importación do Mediterráneo, obxectos de uso cotián e de adorno persoal, entre os que destaca un anel de bronce e un pendente de ouro.

Esta última peza ten unha importancia extraordinaria, xa que é a primeira vez que se atopa en Galicia unha xoia desas características nunha escavación científica.

No recinto principal atópase o Muíño de Vento de Laredo, unha das catro construcións deste tipo existentes en Cotobade. É do tipo bidireccional de cuberta fixa e foi recentemente restaurado.

Direccion
Dirección
Cruz do Castro
Carballedo, A Igrexa, Cotobade
36855, Pontevedra
Coordenadas
WGS84 (Google): 42.48118112769232, -8.476381301879883
DMS: 42°27'36.79"N 8°28'7.62"O
Acceso
Acceso
Aceso dende PO-233 ou PO-234.
Info Util
Info útil

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.

Back To Top