skip to Main Content

Carballeira e Capela de San Xusto

O encanto da Carballeira de San Xusto, situada en San Xurxo de Sacos, no municipio de Cotobade, maniféstase non só polos seus carballos centenarios ou pola idílica capela que se alza neste espazo, senón tamén pola sona da súa romaría e a importancia desta zona na cultura popular.

A Carballeira de San Xusto é un lugar tradicional de encontro e referencia de lendas, vellos contos e cancións. A riqueza natural de San Xusto maniféstase a través da súa abundante vexetación, onde sobresaen os bosques de ribeira xunto aos caducifolios. Carballos centenarios, e soutos de castaños conviven con importantes zonas de vexetación densa formadas por fentos, enredadeiras ou mofos. Dunha ampla extensión no pasado, hoxe está moi minguada.

A contorna está presidida por un cruceiro e unha capela, na que os días 5 e 6 de agosto se celebra a romaría dos Santos Xusto e Pastor. Antigamente celebrábase unha danza das espadas, e os mozos da zona ían á caza de cabras salvaxes descolgándose sobre os cantís do val. A veciñanza e a xente chegada en peregrinación participaba na procesión do santo polos lugares da parroquia, na que amais das imaxes de diferentes santos, ía o estandarte da Sociedade de Agricultores de San Xorxe de Sacos, fundada en 1903. Algúns dos peregrinos ían ofrecidos, levando caixas de mortos e ofrendas para puxar por elas.

A nave da pequena ermida é do século XVIII, pero  conserva o presbiterio cuberto, do século XV ou XVI, con bóveda de nervaturas. Chaman a atención as as inscricións da capela que describen as indulxencias concedidas a este santuario polo el pontífice Clemente no ano de 1712.

Direccion
Dirección
O Outeiro, Lugar de San Xusto. Cerdedo-Cotobade
36121, Pontevedra
Coordenadas
WGS84 (Google): 42.51724056430679, -8.510147386586027
DMS: 42°31'2.066''N 8°30'36.53''O
Acceso
Acceso
Acceso rodado para vehículos, amplio parking. Tomar Desviación en Km 30 N-541 da estrada Ourense Pontevedra.
Info Util
Info útil
A carballeira dispón de parking.

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.

Back To Top