skip to Main Content

Casa das Campás

Na rúa de D. Filiberto atópase un dos edificios máis cargados de lenda da cidade: A Casa das campás, hoxe sé pontevedresa do Reitorado da Universidade.

Considerada como a construción civil máis antiga e mellor conservada de toda a cidade, a Casa das Campás conserva a fachada do século XV con dous arcos conopiales de entrada así como os vans orixinais e algunhas labras heráldicas. Pero iso é arquitectura. Para a lenda é un edificio civil misterioso cun campanario, unido ao recordo do tesouro do capitán do “Burla negra”, o pirata do barrio mariñeiro da Moureira, Benito Soto.

Deste mariño que fixo súa a máxima “os mortos non falan”, cóntase que logo das súas correrías por Cabo verde, Azores ou Canarias volveu á súa terra antes de ser axusticiado polos ingleses en 1830, deixando entre as paredes desta casa unha gran fortuna.

Direccion
Dirección
Rúa Don Filiberto, 9
36002, Pontevedra
Coordenadas
WGS84 (Google): 42.432332, -8.646137
DMS: 42°25'56.4"N 8°38'46.1"W
Acceso
Acceso
Acceso peonil.
Info Util
Info útil

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.

Back To Top