skip to Main Content

Castro da Subidá

O castro da Subidá é un asentamento castrexo bastante romanizado e que poderiamos situar entre os séculos I e IV d.C de máis de 3 ha de superficie que tiña un dobre reciento amurallado. Foi escavado varias veces e na actualidade pódese observar varias viviendas circulares

O Castro da Subidá está situado entre os lugares de Cidrás e As Sete Espadas, no alto da Porteliña, entre as parroquias de San Xurxo de Mogor e a de San Xián. Considérase que tería 3 ou 4 ha de superficie. Ten unha pequena croa ou acrópole de planta ovalada, con dous promontorios rochosos situados nos extremos norte e sur desta croa. Na bibliografía ás veces menciónase que estes promontorios formarían parte das defensas, a maneira de “torres” medievais.

Trátase dun asentamento castrexo bastante romanizado e que poderiamos situar entre os séculos I e IV d.C., cunha economía baseada nunha forte base agrícola e gandeira, complementada pola caza, a pesca e o marisqueo. A finais do século XIX conservaba aínda partes do seu dobre recinto amurallado, e a principios do s. XX aínda se tiñan en pé algunhas das vivendas circulares. A riqueza de materiais era tanta que practicamente non foi necesario nin escavar para encontrar os restos.

No sitio aparecen tamén varios petróglifos, algúns deles da idade do bronce, outros de cronoloxía indeterminada e outros do século XX, realizados polo curioso personaxe marinense Xosé Meijón. Outro dos factores que aportan importancia a este castro é o feito de que nel aparecesen varios cuncheiros, polo menos dous na ladeira oeste e un na ladeira leste.

As vivendas castrexas esténdense sobre todo pola ladeira leste e baixo delas hai os restos dun cuncheiro, se ben esta zona está alterada por varias canteiras para a extracción de pedra e outras obras menores, como un depósito de augas soterrado. Esta ladeira foi sondada a comezos da década de 1980 e no ano 2011 foi escavado de novo e restauráronse varias estruturas de habitación. No Museo de Pontevedra pódense ver algúns dos materiais de bronce aparecidos no castro.

Direccion
Dirección
Alto da Porteliña
Cidras, Marín
36915, Pontevedra
Coordenadas
WGS84 (Google): 42.38187941911661, -8.70863236742855
Acceso
Acceso
Dende Briz coller a estrada que sobe a Monte da Portela. Está sinalizada a desviación.
Info Util
Info útil

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.

Back To Top