skip to Main Content

Centro de Interpretación das Torres Arcebispais

Construído no subsuelo, aproveitando o foso defensivo do pazo-fortaleza das Torres Arcebispais, o Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) ofrece unha información contextual da Pontevedra medieval e moderna e do propio edificio do pazo-fortaleza do S.XII

O edificio foi construído no subsuelo, aproveitando o foso defensivo do pazo-fortaleza das Torres Arcebispais descuberto durante as obras da avenida de Santa María. O centro ocupa 715 metros cadrados comprendidos entre o muro interior, que era a base da fachada da fortaleza (a escarpa) e o muro exterior, de peor factura (a contraescarpa). A estrutura inclúe tamén os alicerces dunha ponte levadizo para o acceso á fortaleza. O achado arqueológico resultou sorprendente porque o foso defensivo está situado cara o interior da vila, dado que o pazo-fortaleza protexíase do exterior pola muralla defensiva de Pontevedra, da que formaba parte. Durante as obras atopáronse tamén 24 bólas toscas dunha pedra que foron utilizadas no seu día como proxectís de catapulta.

O centro museográfico, está dividido no seu interior en tres partes ben diferenciadas. A entrada ofrécese unha información contextual da Pontevedra medieval e moderna e sobre o propio edificio do pazo-fortaleza. A recepción aos visitantes está apoiada en pantallas táctiles e o enfoque estará moi orientado ao turista e a un público novo, buscando a interactividad. Neste espazo hai na maqueta coa reconstrución do edificio do pazo-fortaleza.
A parte central do CITA está consagrada á observación da escarpa e a contraescarpa e ás características defensivas deste inmueble. Nesta parte móstrase a ponte levadizo e unhas balas pétreas de catapulta, así como as marcas de canteiro e algunhas pezas cerámicas atopadas nas excavaciones.

O museo inclúe tambien unha maqueta táctil que reconstrúe físicamente o pazo-fortaleza das Torres Arcebispais (incluíndo tamén rotulación en Braille), cunhas pantallas táctiles que inclúen datos e xogos interactivos concibidos dun xeito pedagóxico. Finalmente, ao fondo exhíbese un audiovisual en tres dimensións, que esta dispoñible en galego, español e inglés e, que conta tamén con versión subtitulada especial para xordos.

Direccion
Dirección
Travesía Mestre Mateoz
36002, Pontevedra
Coordenadas
WGS84 (Google): 42.432500, -8.647472
DMS: 42°25'57.0"N 8°38'50.9"W
Acceso
Acceso
Acceso peonil.
Info Util
Info útil

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.

Back To Top