A comunidade de monxas Clarisas instalouse na cidade no s. XIII. A igrexa do convento foi construída na segunda metade do s. XIV, é de estilo gótico cun importante conxunto de retablos barrocos.
Situado extramuros, xunto ao denominado Camiño de Castilla, emprazábase á Porta de Santa Clara, unha das cinco entradas da antiga muralla, xunto coa Porta das Trabancas, na praza da Ferrería, a Porta de San Domingos, no convento de San Domingos, a Porta de Santa María a Grande, na Basílica de Santa María a Maior, e a Porta da Ponte, na ponte do Burgo.
A igrexa é de estilo ojival de finais do século XIV, no que destacan o ábsida poligonal, máis alta que a nave e a porta do lateral norte, gótica flanqueada por columnas cunha representación do xuízo final. En 1730 fíxose o retablo maior, de estilo churrigueresco.
No interior do convento podémonos atopar un fermoso claustro con xardín en forma de cruz, un cruceiro e unha fonte moi parecida á da Ferraría.