Na parroquia de Santo Estevo de Pedre atópase un dos eirados mais coñecidos de Galicia denominado “Eira Grande”. Unha praza formada por un conxunto de 12 hórreos totalmente rehabilitados e construídos todos en pedra e madeira con tellado a dúas augas de tella e pedra.
Na mesma “eira” hai outra mais pequena chamada “eira do Pallal”. Nestas prazas xuntábanse os veciños para mallar o centeo e desfollar o millo; as bromas, os contos e cantigas populares estaban sempre aseguradas para amenizar estes traballos.