skip to Main Content

Heroes de Pontesampaio

Situado á entrada da Alameda fronte á Casa Consistorial de Pontevedra, o Monumento dos Heroes de Pontesampaio, construído en 1911, rememora a vitoria sobre as tropas francesas de Napoleón en 1808.

A obra consta de varias figuras de bronce situadas sobre un pedestal de granito que reconstrúen os últimos momentos da contenda. No conxunto, de oito metros de altura por catro metros de ancho, destaca unha figura feminina que invita á loita cun xesto exaltado, estendendo o brazo e a man dereita. No alto sobresae a figura de Pablo Morillo -que co sabre no alto incita á batalla- xunto a un labrego, un estudante e un soldado que loitan xunto a un compañeiro ferido.

Direccion
Dirección
Praza de España, sn. Alameda
36002 Pontevedra
Coordenadas
WGS84 (Google): 42.431607, -8.647473
DMS: 42°25'53.8"N 8°38'50.9"W
Acceso
Acceso
Está na Praza de España fronte ao concello. Embaixo da praza hai dos aparcadoiros.
Info Util
Info útil

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.

Back To Top