A primitiva igrexa románica foi moi reformada nos anos 1673 e 1859 , segundo consta na parte externa dos muros. Consérvase tamén unha cruz de entrelazados sobre un carneiro de pé, situado no muro testeiro do prebisterio.
No interior consérvanse dous pares de columnas de entregos con base de perfil ático, e de garras nas esquinas. Os capiteis son moi chamativos. O primeiro, ó norte, ten dúas aves, e o segundo duas grandes follas. O primeriro capitel do sur ten unhas cabezas humans e tres grandes leóns, e o segundo, tamén con decoración vexetal. Tivo que ser antes da remodelación unha fermosísima igrexa romántica de finais do SXII.
No adro, e pola banda dereita, atópase un cruceiro que presenta base cúbica coas arestas superiores rebaixadas, no que se finca nunha vara cilíndrica estriada ó longo, con doce sucos e un colar na parte alta, que se prolonga nun cilindro no que aparecen en relevo diversos símbolos da Paixón e Morte de Xesús Cristo, entre os que identificamos unha esdcaleira de man de tes chanzos, cáliz con hostias por riba, látego, espada por debaixo, adobiado de varias molduras.