Dedicada a San Martiño, a igrexa parroquial de Xustans e unha igrexa barroca que presenta unha fachada porticada debaixo dunha monumental torre cuadrangular inspirada no barroco compostelán.
Igrexa barroca do século XVII con reformas posteriores, situada no lugar de Sobreiro. Posúe unha torre graduada en tres corpos, de feitura cadrada levantada no ano 1930, que parece inspirada no barroco compostelán, o primeiro fai un pequeno nártice e aloxa a porta rematada por unha escultura de San Martiño Bispo, o segundo con pequenos ollos e o reloxo e no terceiro as campás, remata a torre en forma piramidal.
Tratase dunha igrexa de planta basilical e bóveda de canón e arcos faixóns, ó ábsida é de pranta cadrada e está cuberto por outra bóveda de canón dividida en cuadriculas decoradas. O retablo maior é de estilo barroco. Conta con dous retablos laterais de estilo neoclásico.
No exterior destacan os contrafortes sobre os que descansan os arcos faixóns da bóveda, os pináculos na cuberta e a torre graduadas na entrada.
O adro da igrexa está pechado por un muro baixo agás polo lado norte onde está o cemiterio e a antiga casa de autopsias.