Igrexa de orixe románica do s. XII, reformada no seculo XVII, con criterios renacentistas. Da época románica conserva a ábsida semicircular cun fermoso van e unha traballada cornixa.
Da igrexa de San Miguel do Campo conservase do primitivo templo un belo ábside semicircular que data da segunda mitade do sécuo XII. A portada, é de estilo renacentista, pois foi a transformación da nave e cabeceira son do ano 1639, segundo figura nunha inscrición situada na fachada.
Está decorado no seu exterior por curiosos canalóns y no seu interior por capiteis tallados con motivos vexetais e figuras humanas.
No interior posúe un arco triunfal e un faixón con tendencia oixival, ambos os dous decorados e sostidos por curiosos capiteis.