skip to Main Content

Igrexa de Santa Baia de Ponte Caldelas

A Igrexa de Santa Baia, é unha igrexa barroca de planta de cruz latina, que celebra  a advocación da Mártir Santa Eulalia de Mérida. Presenta unha porta barroca sobre a que está unha hornacina  cunha imaxe de  pedra que non é de Santa Baia, senón Santa Catarina de Siena. Si son representacións de Santa Baia a imaxe da vidreira policromada do oco da portada, e  o escudo que podemos contemplar no tímpano. A contorna é realmente sorprendente con un adro con un cruceiro de 1692 e un xardín francés, e unha magnífica reitoral.

A igrexa é barroca de planta de cruz latina, dunha nave en cada brazo e con dous engadidos: A sancristía, que ten bóveda de canón, e a Capela da nosa Señora Inmaculada Concepción, con bóveda de crucería. A cuberta da nave principal é de bóveda de arista dividida en tramos por arcos faixóns, e os outros dous brazos laterais son bóveda de crucería e/ou arista divididos tamén por arcos faixóns. As dúas pilastras da igrexa dan acceso a un púlpito cada unha.

No interior da igrexa destaca o retablo maior e os retablos laterais, de pedra. 0 retablo maior é obra do mestre canteiro Manuel González Perdiz, finalizado no ano 1893. O seu estilo imita o clasicismo barroco do século XVIII, de tres rúas e dúas alturas, de columnas clásicas con capitel composto, frontóns semicirculares e decoración de iniciación vexetal. Sobresae a imaxe barroca de Santa Eulalia na hornacina principal e retablos laterais que tamén imitan ao clasicismo barroco do século XVIII, pero que foron finalizados en 1894.

Chama a atención adro que rodea á igrexa que está axardinado ao estilo francés, e alberga restos da igrexa anterior como a pila bautismal e un sarcófago antropomorfo. Pero o máis destacable é o Cruceiro de estilo barroco datado no ano 1692, que se converteu na primeira cruz do Vía Crucis, feito en 1880, que sobe ata a capela do Casteliño e a Capela do Cristo da Agonía.

Direccion
Dirección
Caldelas, 52 36820 Pontevedra
Coordenadas
WGS84 (Google): 42.39711037173675, -8.504918449420984
DMS: 42°23'49.597''N 8°30'17.706''O
Acceso
Acceso
Acceso rodado. Pódese aproveitar o aceso sinalizado ao Mirador de Casteliño, xa que está a escasos metros da subida á pista que leva a este enclave.
Info Util
Info útil

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.

Back To Top