skip to Main Content

Igrexa de Santa María de Tourón

En Tourón, antes de chegar a Ponte Caldelas desde Pontevedra, ao pé da PO-532 e perfectamente sinalizada desde a estrada, atopamos una igrexa románica. A de Santa María de Tourón, unha parada obrigada na visita a Ponte Caldelas.

Santa María é unha fermosa igrexa dunha soa nave que conserva a unha portada e unha ábsida rectangular románicos, aínda que a súa fachada foi reformada no século XVIII, e o campanario a inicios do vinte.

A fachada foi reformada no século XVIII pero conserva a portada románica. Esta presenta dúas arquivoltas de trazado oxival, que descansan sobre dous pares de columnas con capiteis con volutas de decoración vexetal. O tímpano mostra unha gran cruz de orixes máis recentes.

Tamén é recente é a dobre espadana con dúas campás, e a cruz que pecha o conxunto.

A nave conserva no lado norte unha porta románica en arco de medio punto, que hoxe ocupa a sancristía, e outra simétrica igual pero cegada. Os muros da nave son enteiramente de época, pero a cuberta e fiestras foron modificadas, e no XVIII engadiuse unha capela barroca aberta no seu muro norte.

Diante da fachada levántase un cruceiro do ano 1670 que ten representado na súa base unha caveira con dous ósos cruzados na súa base.

Ao carón do adro da igrexa aínda se conserva o palco circular republicano de 1935.

Direccion
Dirección
Caldelas, 52
36820 Pontevedra
Coordenadas
WGS84 (Google): 42.40205337799972, -8.52912805082633
DMS: 42º24'7.3908"N -8º31'44.8608"W
Acceso
Acceso
De Pontevedra a Ponte Caldelas atopámonos con ela antes de chegar á villa pola PO-532.
Info Util
Info útil
O seu entorno e moi interesante, son destacableas as casas pacegas que se sitúan fronte a ela.

Usa a nosa xeoguía

Introduza a dirección do punto de partida indicando rúa, cidade e estado. Exemplo: Gran Vía 7, Madrid, España. Se o nome da súa rúa non é recoñecido polo sistema poña o código postal de orixe en lugar da dirección da rúa.

Back To Top