Emprazada no solar onde existía un mosteiro no século XII, esta lgrexa ten unha traza estrutural peculiar no marco das pertencentes aos Cabaleiros da Orde de Malta. Sobre os alicerces da antiga igrexa do mosteiro erixiúse a actual de espectacular traza románica.
A igrexa é de pranta rectangular e conta cunha ábsida pentagonal, que é o seu elemento máis distintivo. Posúe unha cuberta cunha bóveda de medio canón de directriz apuntada que descansa sobre dous arcos faxóns e columnas adosadas con capiteis adornados con follas de acanto , lazos ,etc.
Na nave existen catro entrantes semicirculares nos muros pertencentes a capelanías de fundacións particulares. As máis próximas á entrada do presbiterio posúen o blasón dos Montenegro, o cal aparece tamén no escudo do retablo do altar maior, unido coas armas dos Sarmiento e Valladares.
Na capela maior separada por dúas columnas, atópase un retablo barroco de influencia portuguesa o cal cunde as ventás da cabeceira.