Na ribeira do río Lérez, atópase o Mercado de Pontevedra, un lugar de intensa vida comercial. Reformado no ano 2003, mantén integramente o seu encanto de mercado antigo coas antigas fachadas, as escalinatas interiores de pedra e decenas de arcos que coroan este espazo do comercio pontevedrés onde podemos atopar produtos de primeira calidade.
O Mercado de Pontevedra é un importante dinamizador da zona onde ten lugar unha gran concentración da actividade comercial e doutra índole, como mostras gastronómicas, showcookings ou exposicións. Tras 50 anos de funcionamento foi reformado no ano 2003 polo arquitecto Cesar Portela. Baixo o edificio construír un aparcamento subterráneo de dúas plantas, e finalizado este procedeuse á reconstrución do novo mercado mantendo integramente as antigas fachadas e escalinatas interiores de cantería.
O edificio destaca, ademais de por o seu valor histórico, pola súa oferta de produtos de alimentación de extraordinaria calidade. Na planta baixa sitúanse os postos de mariscos, peixes, flores e carne e no primeiro andar podes atopar unha gastroteca e degustar os productos locais, así coma mercar os productos da praza coa opción de seren cociñados nos bares deste espazo