A Ponte de Pedre ten tres oxivas e case setenta metros de longo que enlazan cunha gran calzada , formada por grandes pedras irregulares, o que o dota dun gran porte, e convérteo nun dos máis rechamantes de Terras de Pontevedra.
Aínda que posiblemente puidese ter orixe romana, debido ás bases das súas pilastras e á súa rasante que tende a plana, presenta tres arcos ojivales, de tres anchuras diferentes, características do medievo. O arco máis ancho esténdese sobre a parte máis caudalosa do río e presenta unha anchura de 15 m e 9 de alto.
A forma dos arcos infórmanos da súa construción no medievo, sobre os séculos XIII ou máis ben XIV. A lenda atribúe a autoría da ponte, a Pedro de Pedre, o pai do Maestre Mateo, autor do Pórtico da Gloria. Outras máis recentes sitúan neste espazo diversas liortas de “guerrilleiros” como as de Manuel Simón, coñecido como “Xanote”, e as forzas da orde na primeira metade do século pasado.